Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (223/1996).

En Santiago de Compostela o 11 de xullo de 1997, eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 18-10-1996 se dictou sentencia no xuízo de faltas número 223/1996 seguido por danos e agresión producidos en Santiago de Compostela o día 17-5-1995, coa parte dispositiva seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a David Aldonza Torres da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio».

E así o fago constar e estendo a presente cédula para a súa notificación á prexudicada, directora do colexio maior Virgen del Portal, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, instruíndoa de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado conforme o disposto nos artigos 976, 795, e 796 da LAC.

A secretaria

Rubricado

5968