Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (242/1997-1).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de declarativo menor contía número 242/1997-1 seguidos neste xulgado por instancia de Roberto Peñamaría Basanta, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Mahía. S.A., Albino Munín Munín, Eugenia Pampín Prieto, Manuel Viéitez Rodríguez e Manuel J.A. Somoza de la Fuente, emprázase o demandado Manuel J.A. Somoza de la Fuente para que, no termo de vinte días, compareza en autos con avogado que o defenda e procurador que o represente, coa prevención de que, se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado Manuel J. A. Somoza de la Fuente, expido o presente edicto, que asino en Santiago o 21 de xullo de 1997.

A secretaria

Rubricado

6205