Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (151/1994).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 151/1994, se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Banco Gallego,

S.A., contra Construcciones Erolo, S.L., en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán; sinálase para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día oito de outubro próximo, ás doce horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose constar o número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos; non se aceptará diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo o licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día doce de novembro ás doce horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores nunha segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día dezasete de decembro seguinte, ás doce horas, poxa que se celebrará sen suxeición a tipo, e quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación ó/s debedor/es para o caso de non se poder levar a efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa.

Concello de Ames, rúa Rosalía de Castro, 95, no Milladoiro.

1. Número dezanove. Vivenda letra C da planta quinta, con acceso polo portal. Extensión: noventa e tres metros e cincuenta e sete decímetros cadrados. Linda, tomando como punto de referencia o relanzo das escaleiras: fronte, co dito relanzo, caixas de ascensor e escaleiras e con dous patios de luces; fondo, patio de luces, vivenda letra A do portal II e cuberta da planta baixa; dereita entrando, dous patios de luces, vivendas letra E dese portal; e esquerda, patio de luces, cuberta de planta baixa e Adelina Carreira Martínez. Cota: un con oitenta e catro por cento (1,84%), cada unha. Anexos: teñen como anexo o rocho na planta baixo cuberta, sinalado co número corenta e tres. Inscrita no tomo 746, libro 182, folio 45, predio 18.028.

2. Número corenta e dous. Vivenda letra C da terceira planta, con acceso polo portal II. Extensión: oitenta metros e oitenta e cinco decímetros cadrados. Linda, tomando como punto de referencia o relanzo das escaleiras: fronte, o dito relanzo, caixa de ascensor e patio de luces; fondo, transversal á Avda Rosalía de Castro; dereita entrando, vivenda letra D deste portal e relanzo das escaleiras: e esquerda entrando, patio de luces e Mercedes Rodríguez Sousa. Cota: un con cincuenta e nove por cento (1,59%). Anexo: ten como tal o rocho na planta baixo cuberta, sinalado co número cincuenta e un. Inscrita no tomo 746, libro 182, folio 85, predio 18.074.

Tipo de poxa.

A número 18.028, cinco millóns de pesetas, e a número 18.074, seis millóns de pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5880