Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.739

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO ONCE DE MADRID

EDICTO (D-436/1997).

Eu, Ángel J. Zuil Gómez, secretario do social número once dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que por providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Paz Tijero Calvo, contra Multipropietaria Gallega, S.A., J. Informática, S.L., Dado Europa, S.L., Galicia Autonómica y Municipal, Edixu, S.L., e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por cantidade, rexistrado co número D-436/1997, se acordou citar a Multipropietaria Gallega, S.A., J. Informática, S.L., Dado Europa, S.L., Galicia Autonómica y Municipal

e Edixu, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 29-9-1997, ás 10.40 horas da súa mañá, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número once, sito na rúa Hernani, 59-3º, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba dos que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación a Multipropietaria Gallega, S.A., J. Informática, S.L., Dado Europa, S.L., Galicia Autonómica y Municipal e Edixu, S.L., se expide a presente cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, catorce de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

4643