Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de maio de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia o extravio do resgardo de depósito 936/95 para efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito constituído en metálico varios nº 936 o 25 de maio de 1995 por importe de 140.266 ptas. (cento corenta mil duascentas sesenta e seis pesetas) na caixa de depósitos desta delegación, garantindo a Restaurante Lucadi, S.L., formúlaselles requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación da presente cédula, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderán producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

A Coruña, 28 de maio de 1997.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Territorial da Coruña

6383