Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xullo de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Valle Inclán I de Ferrol, Ayala de Narón, Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria, Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar, Luis Vives de Ourense e San Blas Vista Alegre de Vigo.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, solicitando autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, Valle Inclán I de Ferrol, Ayala de Narón, Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria, Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar, Luis Vives de Ourense e San Blas Vista Alegre de Vigo.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real

decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización surtirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: estrada de Xoane, 170-172.

Denominación específica: Valle Inclán I.

Titular: Colegio Valle Inclán I, Sociedad Limitada.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 8 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: A Coruña.

Municipio: Narón.

Localidade: A Solana.

Enderezo: Cristóbal Colón, 71.

Denominación específica: Ayala.

Titular: Academia Ayala Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade.

e) Centro de educación de adultos: 1 unidad (nas condicións establecidas na Orde do 13 de xullo de 1978-BOE do 26 de agosto).

Provincia: Lugo.

Municipio: Sarria.

Localidade: Sarria.

Enderezo: Avda. de la Asunción.

Denominación específica: Nuestra Señora de la Asunción.

Titular: Religiosas de la Asunción de España.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Municipio: Pereiro de Aguiar.

Localidade: Castadon.

Enderezo: A Merteira-Pereiro de Aguiar.

Denominación específica: Guillelme Brown.

Titular: Sociedad Cooperativa Limitada Guillelme Brown.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Municipio: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Avda. de Portugal, 210.

Denominación específica: Luis Vives.

Titular: Luis Vives-Ourense, Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Avda. da Ponte, 26-28.

Denominación específica: San Blas Vista Alegre.

Titular: Mercedes Estévez.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 9 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 6 unidades de educación secundaria obrigatoria.

6795