Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xullo de 1997 pola que se lle autoriza o cambio de denominación ó Instituto de Educación Secundaria de Cariño (A Coruña).

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), pola que se establece o procedemento para a denominación de centros públicos de ensino non universitario, así como os correspondentes informes, e de conformidade co disposto no artigo 3 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo), esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Cariño.

Código do centro: 15021755.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Cariño.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Cabo Ortegal.

6406