Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.717

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de agosto de 1997 pola que se convocan licencias por estudios para estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1997-1998 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

Á súa vez, a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administración educativas e dos propios centros, e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicacón da lei, a inclusión de plans institucionais de formación permanente do profesorado de licencias por estudios ou outras actividades, como poden se-las estadías en empresas para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o actual proceso de implantación da nova formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de prácticas na empresa, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as relacizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo, para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Convocatoria

Primeiro.

Convócanse licencias por estudios para estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1997-1998, dirixidas a funcionarios docentes que impartan ciclos formativos de formación profesional específica en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

De acordo co tipo de empresas nas que se realice a estadía formativa, establécense dúas modalidades:

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa mediante convenio específico subscrito coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o establecido no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 10 traballadores. Neste caso o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía, e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Candidatos

Segundo.

Os funcionarios deberán pertencer a algún dos corpos ou escalas docentes que se detallan a continuación, nalgunha das especialidades con atribución docente para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro.

-Profesores de ensino secundario.

-Profesores técnicos de formación profesional.

Condicións

Terceiro.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante o curso 1996-1997 e 1997-1998 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ter, como mínimo, tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nalgún dos corpos e escalas ós que se alude no punto segundo desta orde. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutorio no período de desfrute da licencia por estadía en empresas.

4. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Solicitudes e documentación

Cuarto.

Os candidatos ás licencias por estadía formativa en empresas que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e o procedemento establecido no punto sétimo.

Quinto.

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VII, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada a 15 de setembro de 1997.

2. Certificación de ter impartido docencia nos ciclos formativos, ou nos módulos profesionais, durante o curso 96/97 ou de impartila para o curso 97/98, expedida polo director do centro.

3. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

4. Relación numerada e asinada da documentación presentada, segundo a orde que aparece no indicado anexo IV.

5. Non serán tidos en conta nin, xa que logo, valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire a base sexta da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Sexto.

O prazo de presentación remata o 15 de setembro para a modalidade A e o 31 de outubro para a modalidade B. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre abierto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da Inspección

Sétimo.

Na mesma data de presentación da documentación citada no punto anterior, o profesorado que solicite licencia deberá presentar, dirixida ó Servicio da Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estadía en empresas (anexo II).

Oitavo.

1. Vistas as solicitudes, os servicios de inspección de Educación emitirán informe segundo o modelo recollido no anexo VI da presente convocatoria. O dito informe deberan remitirllo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos cinco días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no punto sexto.

2. O dito informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

3. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos, segundo se especifica no apartado 2.2 do anexo IV.

Noveno.

1. A seleccionados candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, ou persoa en quen delegue, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.

-O subdirector xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos, ou persoa en quen delegue.

-O inspector central da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, ou persoa en quen delegue.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-O xefe de Servicio de Formación Profesional.

-Dous membros da Inspección de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispoñe-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos e proxectos de estadía formativa.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria

Décimo.

A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

2. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, e abrirase un prazo de cinco días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo primeiro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez comprobado que os candidatos reúnen os requisitos establecidos na presente convocatoria, publicará a resolución definitiva de licencias por estadías en empresas e institucións no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, agás casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Períodos de duración das licencias por estadías en empresas

Décimo segundo.

O período de duración das licencias para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.

Para as licencias que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre un e dous meses.

Décimo terceiro.

Ó finaliza-lo período de licencias, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contado desde a finalización do período de licencia desfrutado, unha memoria do traballo desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no módulo de material de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de FCT que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Décimo cuarto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados

Décimo quinto.

Durante o tempo de duración da licencia por estadía en empresas os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado poderá solicitar unha bolsa para desprazamentos cando a actividade se desenvolva fóra da súa localidade de destino e a máis de 50 km

de distancia desta ou da localidade da residencia autorizada pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo sexto.

Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

Décimo sétimo.

Durante o período de estadía na empresa ou institucións os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.

Décimo oitavo.

Durante o período de desfrute da licencia os profesores non terán vinculación ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro de seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Décimo noveno.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional remitiralles ás Inspeccións de Traballo unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas.

Vixésimo.

A concesión de licencias por estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo primeiro.

O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á rescisión da licencia por estadía en empresas ou á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Vixéximo segundo.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a través dos servicios de Inspección de Educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas que se realicen durante o período da licencia.

Retirada da documentación

Vixésimo terceiro.

Durante o mes de decembro de 1997 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria (rúa San Lázaro, 107, Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.

Vixésimo cuarto.

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Vixésimo quinto.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

ANEXO I

Distribución das licencias por estudios para estadía en empresas que se convocan para o curso 1997-98

Empresa

Familia Profesional/

especialidade/departamento/

sección/servicio

Nº PrazasPeríodoDuración

1ASTANOFabricación mecánica

Mantemento e servicios á producción

Laboratorio

Electricidade e electrónica (instrumentación)

Fabricación mecánica

Mantemento e servicios á producción

Mantemento e servicios á producción

Administración

Laboratorio

Electricidade e electrónica (instrumentación)

Fabricación mecánica

Mantemento e servicios á producción

Laboratorio

Administración

Electricidade e electrónica (instrumentación)

Mantemento e servicios á producción

Total prazas

1

1

1

2

1

1

2

1

1

2

2

1

1

1

1

1

20

Outubro

Outubro

Novembro

Novembro

Decembro

Decembro

Febreiro

Febreiro

Marzo

Marzo

Abril

Abril

Maio

Maio

Maio

Maio

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

2FINSAProceso de datos

Mantemento eléctrico/mecánico

Producción

Total prazas

1

1

1

3

Febreiro

Marzo

Maio

1 mes

1 mes

2 semanas

3ENDESA.Central térmica:

-Medio ambiente

-Laboratorio

-Instrumentación

-Mantemento eléctrico

-Mantemento mecánico

Mina:

-Telecomunicacións

-Telecomunicacións

-Telecomunicacións

-Telecomunicacións

-Mantemento eléctrico

-Mantemento eléctrico

-Mantemento eléctrico

-Mantemento eléctrico

Total prazas

2

2

2

2

2

1

1

1

1

2

2

2

2

22

Outubro e novembro

Decembro e xaneiro

Xaneiro e marzo

Abril e maio

Xuño e xullo

Outubro e novembro

Xaneiro e febreiro

Marzo e abril

Maio e xuño

Outubro

Novembro

Febreiro

Marzo

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

2 meses

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

Empresa

Familia Profesional/

especialidade/departamento/

sección/servicio

Nº PrazasPeríodoDuración

4REPSOL-Instrumentación

-Mecánica

-Instrumentación

-Mecánica

-Instrumentación

-Mecánica

-Instrumentación

-Mecánica

Total prazas

1

1

1

1

1

1

1

1

8

Outubro

Outubro

Novembro

Novembro

Febreiro

Febreiro

Maio

Maio

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

5INESPAL Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Hidráulica e pneumática:

-Fabricación mecánica

-Mantemento e servicios á producción

Oficina de proxectos de construcción

Electricidade e electrónica

Análise e química industrial

Total Prazas

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

30

Outubro

Outubro

Outubro

Outubro

Outubro

Novembro

Novembro

Novembro

Novembro

Novembro

Febreiro

Febreiro

Febreiro

Febreiro

Febreiro

Marzo

Marzo

Marzo

Marzo

Marzo

Abril

Abril

Abril

Abril

Abril

Maio

Maio

Maio

Maio

Maio

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

6UNIÓN- FENOSAMantemento e servicios á producción

Administración

Electricidade

Mantemento e servicios á producción

Administración

Electricidade

Mantemento e servicios á producción

Total prazas

2

2

2

2

2

2

2

14

Outubro

Novembro

Decembro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

1 mes

6435