Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobadas polo Pleno do Concello da Guarda, en sesión do 27 de decembro de 1996 as bases xerais e específicas das prazas vacantes do cadro do persoal funcionario e laboral deste concello que a continuación se relacionan polo miúdo e, correspondentes á oferta pública de emprego de 1996, polo presente anuncio disponse a convocatoria pública de probas selectivas de conformidade coas bases aprobadas.

Convocatoria unitaria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público para o ano 1996.

Primeira.-É obxecto desta convocatoria a provisión das prazas de funcionarios e persoal laboral fixo incluídas na correspondente oferta de emprego e cadro de persoal municipal aprobadas polo Concello da Guarda que figuran nos anexos destas bases coas características indicadas nestas e as específicas daquelas.

As retribucións básicas e complementarias serán as establecidas na lexislación vixente.

Segunda.-Condicións dos aspirantes:

a) Ser español.

b) Para as prazas libres: ter cumpridos 18 anos de idade e non ter cumpridos 55 anos.

c) Estar en posesión do título e condicións requiridas para cada unha das prazas obxecto de provisión

ou en condicións de obtelas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, AA.AA. ou das EE.LL., nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Estas condicións e méritos alegados, se é o caso, estarán referidos á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Ós que resulten nomeados seralles de aplicación o disposto na Lei 53/1984, de incompatibilidades ó servicio das AA.PP.

Terceira.-Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte nas distintas probas selectivas, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, serán presentadas no rexistro do concello ou da forma que determina o artigo 38 da Lei do réxime xurídico e do procedemento administrativo común, centro do prazo de 20 días a partir da publicación destas bases no DOG, dirixidas á alcaldesa do concello.

As instancias irán acompañadas de:

-Copia do DNI.

-Xustificante de te-los requisitos esixidos en cada unha das prazas, tanto nas de promoción interna coma nas de acceso libre.

-Xustificante dos méritos que se aleguen nas correspondentes fases de concurso de cada unha das prazas.

Cuarta.-Admisión de solicitudes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía aprobará a lista de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de edictos do concello e BOP, outorgando un prazo de 10 días, de conformidade co disposto na LRXAP-PAC, para os efectos de corrección do devandito artigo. Igualmente, será publicada nos mesmos medios a composición do tribunal e da data e hora de celebración das correspondentes probas.

Quinta.-Tribunais.

Os tribunais cualificadores das probas selectivas que se convocan estarán presididos pola alcaldesa ou concelleiro en quen delegar, actuando como secretario o da corporación ou funcionario en quen delegar.

Os vocais serán designados polos organismos competentes e entre eles figurarán:

-Un representante da Comunidade Autónoma.

-Un representante do profesorado oficial.

-O tesoureiro municipal do concello.

-Un representante da Corporación Municipal nomeado pola alcaldesa.

-Un representante dos traballadores nomeado polas organizacións sindicais con representatividade neste concello, os cales terán que designalo no prazo de 10 días desde a correspondente notificación do concello, nomeándoo, en caso contrario, a propia alcaldía entre os representantes dos traballadores do concello.

Así mesmo, o tribunal poderá solicitar asesoramento de persoal cualificado nas probas que así o requiran.

Os tribunais non se poderán constituír nin actuar sen, polo menos, a asistencia da metade dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente e a súa actuación terá que axustarse ás bases da convocatoria, quedando facultados, non obstante, para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos precisos par o bo funcionamento das probas no non previsto nas presentes bases.

Sexta.-Desenvolvemento das probas selectivas.

Os exercicios individuais realizaranse de conformidade co sorteo efectuado polo MAP o día 23-2-1996, comezando a orde de actuación dos aspirantes por aqueles que teñan o primeiro apelido iniciado pola letra ñ ou polas sucesivas, se é o caso.

Sétima.-Sistema de probas e cualificación.

No suposto práctico elaboraranse como máximo 10 casos prácticos por cada exercicio que se realice, xunto coa súa resposta, ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

O tribunal elixirá ó chou entre eles os que proporá para a súa resolución por parte dos aspirantes.

Non se terán en conta as puntuacións máis altas e máis baixas, ou unha delas en caso de empate, cando exista, respecto das demais, unha puntuación igual ou superior a tres puntos.

A suma de puntuacións obtidas na fase de concurso e en cada un dos exercicios da oposición e nas demais probas de coñecemento que se poidan establecer nas bases servirá para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate na lista de aspirantes propostos polo tribunal, o desempate resolverase a favor do aspirante con maior puntuación na fase de oposición: de persisti-lo empate, o de maior antigüidade, e de seguir persistindo o empate, o de maior idade.

Oitava.-Proposta do tribunal.

Unha vez rematada a avaliación dos aspirantes, os tribunais farán públicas as puntuacións no lugar de celebración do último exercicio, sen que en ningún caso a relación de aspirantes propostos poida supera-lo número de prazas convocadas, elevando a dita relación á autoridade competente con carácter de proposta vinculante.

Os aspirantes propostos, dentro do prazo de 20 días naturais, presentarán a documentación acreditativa de reuniren os requisitos esixidos na convocatoria, sendo nomeados pola alcaldía e tendo que tomar posesión da correspondente praza no prazo dun mes.

O citado nomeamento será publicado no taboleiro de edictos do concello e BOE.

Os aspirantes propostos que, dentro do prazo indicado, non presentaran a documentación esixida non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade a que houbese lugar por ter incorrido en falsidade na súa instancia.

En todo caso, o órgano competente nomearía a quen, superando tódolos exercicios de oposición, obtivese maior cualificación, seguindo a orde da clasificación definitiva.

Novena.-Lexislación supletoria.

Para o non establecido nestas bases, aplicarase con carácter supletorio o establecido nas disposicións seguintes: Lei 30/1984, co 2 de agosto; RD 2223/1984, do 19 de decembro; RDL 781/1986, do 18 de abril.

Décima.-Recursos.

Esta convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas nos termos, prazos e formas previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

Bases para a provisión por concurso-oposición restrinxida de tres prazas de administrativos segundo os acordos adoptados pola correspondente mesa de negociación.

1. Escala: Administración xeral, tres prazas.

2. Subescala, denominación: administrativo.

3. Clase: C.

4. Sistema de selección: promoción interna.

5. Titulación esixida: BUP, formación profesional II grao ou equivalente ou antigüidade neste concello de dez anos nun corpo ou escala do grupo D ou de 5 anos nel, máis a superación dun curso o cursos específicos de formación.

6. Antigüidade: ser auxiliar administrativo con antigüidade de, polo menos, dous anos e non ter nota desfavorable sen cancelar no correspondente expediente persoal.

7. Exercicios e méritos que rexerán nas probas: o procedemento será o de concurso-oposición, valorándose co 40% da puntuación total a fase de concurso e co 60% a de oposición.

Fase de concurso.

Será anterior á fase de oposición e non terá carácter eliminatorio, non podendo contar en ningún caso

coa puntuación obtida nela para supera-la fase de oposición.

Baremo.

A. Antigüidade:

Por cada ano ou fracción no grupo de auxiliar administrativo: 0,50 puntos ata un máximo de 3 puntos.

B. Cursos de formación e perfeccionamento:

Sempre que foran impartidos polo INAP, EGAP ou calquera outro centro oficial competente para impartilos, relacionados coas funcións da praza á que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo e, se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 49 horas de duración como mínimo ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

A puntuación neste apartado non poderá exceder de 2 puntos.

C. Titulacións académicas:

Por cada título ou certificado de estudios expedido polo MEC, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito, 1 punto.

A puntuación deste apartado non poderá exceder de 1 punto.

D. Coñecemento do idioma galego:

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento: 1 punto.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

Fase de oposición.

Consistirá na realización de dous exercicios obrigatorios e eliminatorios e un terceiro exercicio de lingua galega, de carácter obrigatorio, pero non eliminatorio.

Os exercicios obrigatorios, un teórico e outro práctico, cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña 5 puntos en cada un deles.

O terceiro exercicio, de galego (obrigatorio máis non eliminatorio), de carácter práctico, consistirá nunha traducción para a lingua galega dun texto

en castelán e será puntuado cun máximo de dous puntos.

En caso de non supera-lo citado exercicio, o aspirante proposto contará co prazo dun ano para, se é o caso, obter polo menos, o curso de iniciación á lingua galega, recoñecido oficialmente.

Os temas da citada praza, na mencionada fase de oposición, serán os 40 temas que figuran nestas bases, incluíndo neles temas relacionados coa organización municipal e dereitos e deberes dos funcionarios tendentes á especialización así como, se é o caso, os referidos no RD 896/1991, do 7 de xuño.

O exame teórico será de tipo test, que se baseará en preguntas relacionadas co temario, sendo o número máximo delas de 50 preguntas.

No suposto práctico elaboraranse, como máximo, 10 casos prácticos por cada exercicio que se vaia realizar, xunto coa súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

A duración será en cada un dos exercicios dunha hora e trinta minutos, salvo no exercicio en galego, sendo determinada a súa duración polo propio tribunal.

Programa fase de oposición.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O goberno e a Administración do Estado.

Tema 5. O poder xudicial.

Tema 6. Organización territorial do Estado. O Estatuto de autonomía, o seu significado.

Tema 7. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración municipal. Clases de administracións públicas.

Tema 8. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 9. Sometemento da Administración á lei e ó dereito.

Tema 10. O regulamento, as súas clases. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 11. O administrado: conceptos e clases. Capacidade e representación. Dereitos do administrado. Actos xurídicos do administrado.

Tema 12. O acto administrativo. Concepto e clases.

Tema 13. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 14. Fases do procedememento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 15. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 16. Recursos dos actos administrativos. Principios xerais. O recurso administrativo de recurso de revisión.

Tema 17. Principios xerais e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 18. O dominio público. O patrimonio privado da Administración.

Tema 19. A expropiación forzosa.

Tema 20. As normas da actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 21. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Tema 22. A responsabilidade da Administración pública.

Tema 23. Réxime local español. Principios constitucionais.

Tema 24. O municipio. O termo municipal. O empadroamento.

Tema 25. Organización municipal. Competencias.

Tema 26. Estatutos supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 27. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedementos de elaboración e aprobación.

Tema 28. A función pública local e a súa organización.

Tema 29. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 30. Dereitos económicos dos funcionarios. Dereitos pasivos. Seguridade Social.

Tema 31. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 32. As formas de actividade das entidades locais. A intención administrativa nas entidades privadas. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 33. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 34. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 35. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución, votacións, actas e certificacións de acordos.

Tema 36. O dereito financeiro. Os suxeiros da actividade financeira.

Tema 37. O gasto público e as súas clases. O control do gasto público. Idea xeral do gasto público local.

Tema 38. Os ingresos públicos, concepto e clases. O imposto. As taxas fiscais.

Tema 39. A Lei xeral tributaria. A Lei xeral orzamentaria.

Tema 40. A Lei de facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

ANEXO II

Bases para a provisión en propiedade dunha praza de laboral fixo de administrativo adscrito ó Servicio de Normalización Lingüística.

1. Sistema de selección: concurso oposición.

Titulación esixida como mínimo: BUP, formación profesional 2º grao ou calquera outro título equivalente.

Número de prazas: unha (1).

2. Fase de concurso:

2.1. Experiencia profesional:

2.1.1. Valorarase con 0,20 puntos cada mes completo traballado en servicios de normalización lingüística de organismos públicos.

2.1.2. Valorarase con 0,20 puntos cada mes completo traballado en servicios de normalización lingüística de organismos e entidades privadas.

A puntuación en ámbolos subapartados non poderá exceder de 2 puntos.

Nota: terase que acreditar que corresponde a funcións propias da praza á que aspira e farase coa certificación de servicios prestados, se se prestaron nun organismo público; e con recibos de salarios de empresa nos que conste a categoría profesional, a antigüidade e certificación da Seguridade Social que acredite os anteriores extremos, se os servicios se prestaron en empresas privadas.

2.2. Igualmente, valorarase coa seguinte puntuación cada curso de lingua galega impartido polo aspirante á praza e ata un máximo de 1 punto:

-Por curso de iniciación impartido: 0,2 puntos.

-Por curso de perfeccionamento: 0,3 puntos.

-por curso de especialización: 0,5 puntos.

Soamente se valorará un curso de cada un dos niveis recollidos.

2.3. Pola participación en cursos: segundo convenio e relacionados co posto de traballo que se vai desempeñar, valorándose como tales a participación naqueles relacionados coa formación de coñecementos de lingua galega. A puntuación corres

pondente a este apartado non poderá supera-los dous 82) puntos.

Sempre que foran impartidos polo INAP, EGAP ou calquera outro centro oficial competente para impartilos, relacionados coas funcións da praza á que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 49 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

2.4. Pola titulación de licenciado en filoloxía galego-portuguesa: 1 punto.

2.5. Por publicacións realizadas en medios especializados, computándose 0,50 puntos por publicación, ata un máximo de 0,50 puntos.

Fase oposición:

Consistirá en dous exercicios de carácter teórico e un exercicio práctico que se desenvolverán integramente por escrito en lingua galega.

O primeiro exercicio de carácter teórico consistirá no desenvolvemento dun tema dos comprendidos no anexo II da presente praza, de carácter puramente administrativo.

O segundo exercicio de carácter teórico consistirá no desenvolvemento dun tema comprendido no anexo número I da presente praza, específico da función que se vai desenvolver.

A duración de cada exercicio desta fase de oposición será dunha hora e trinta minutos, e serán puntuados cada un deles cun mínimo de 5 puntos e un máximo de 10, resultando eliminada quen non alcance esta puntuación mínima en cada un deles.

O exercicio práctico consistirá nunha traducción para a lingua galega dun texto en castelán, sendo a súa duración determinada polo propio tribunal e a puntuación máxima que se pode obter será de dous puntos.

O tribunal, á vista do número de aspirantes presentados á praza, poderá acorda-la lectura dos exercicios, por parte dos propios aspirantes, de cada un dos exercicios mencionados realizados por eles mesmos.

Anexo I

1. A lingüística: o seu obxecto: conexións da lingüística con outras ciencias. Disciplinas lingüísticas: lingüística sincrónica e diacrónica. Lingüística teórica e aplicada. Lingüística comparada.

2. O signo lingüístico. Lingua e fala. Sincronía e diacronía. Relacións paradigmáticas e sintagmáticas. A gramática: sintaxe e fonoloxía.

3. Etapas constitutivas do galego. A influencia das linguas anteriores e posteriores á romanización do dominio lingüístico galego.

4. Principais evolucións do latín ó galego medieval: fonemática, morfosintase e léxico.

5. Evolución máis importantes do galego medieval ó actual: fonemática, morfosintase e léxico.

6. Historia externa da lingua galega.

7. O galego hoxe: o estándar e as variedades. Variedades xeográficas do galego.

8. A linguaxe administrativa: concepto e características. Establecemento da linguaxe administrativa galega.

9. Normalización e normativización.

10. Situación legal e institucional das linguas nacionais: acordos e convenios internacionais: Carta Europea da linguas rexionais ou minoritarias.

11. Normalización lingüística e Administración local. Réxime xurídico.

12. As relacións entre a lingua e sociedade. A sociolingüística e a socioloxía da linguaxe.

13. Lingua e cultura.

14. Historia da literatura galega desde as primeiras manifestacións ata a actualidade.

15. Semántica, lexicoloxía e lexicografía.

16. Historia crítica da lexicografía galega. Estado actual da lexicografía galega.

17. O diccionario: estructura, tipos, usos.

18. Denotación e connotación: O campo semántico. Sinonimia, homonimia e polisemia. o eufemismo.

19. A palabra e os seus constituíntes. Formación de palabras. A derivación: prefixación, sufixación e parasíntese. A composición.

20. Os servicios de normalización lingüística na Administración local. Funcións e responsabilidades.

Anexo II

1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

3. As Comunidades Europeas. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. Exame xeral da Acta de Adhesión de España ás Comunidades Europeas.

4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción de Goberno. O Valedor do Pobo.

5. Organización e competencias municipais.

6. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

7. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

8. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.

ANEXO III

Bases para a provisión de dúas prazas de persoal funcionario coa denominación de oficial de obras e servicios polivalentes.

1. Escala: Administración especial.

2. Subescala: servicios especiais.

3. Grupo: D.

4. Clase: persoal de oficios. Categoría oficial.

5. Titulación esixida: a correspondente ás prazas.

Poderán participar neste concurso-oposición restrinxido os funcionarios do Concello da Guarda pertencentes a outras categorías (axudante ou operario), cunha antigüidade mínima de dous anos en propiedade na data en que remate o prazo de admisión de instancias.

Fase de concurso: será anterior á fase de oposición e non terá carácter eliminatorio; non poderá contar en ningún caso a puntuación obtida nela para supera-la fase de oposición.

Baremo.

A. Antigüidade: por cada ano ou fracción no grupo de axudante ou operario: 0,50 puntos ata un máximo de 3 puntos.

B. Curso de formación:

Sempre que foran impartidos polo INAP, EGAP ou calquera outro centro oficial competente para impartilos, relacionados coas funcións da praza á que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 49 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

A puntuación neste apartado non poderá exceder de 2 puntos.

C. Titulacións académicas:

Por cada título ou certificado de estudios expedido polo MEC, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito, 1 punto.

A puntuación neste apartado non poderá exceder de 1 punto.

D. Coñecemento do idioma galego:

-Por supera-lo curso de iniciación. 0,50 puntos.

-por supera-lo curso de perfeccionamento: 1 punto.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básico: 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa medio: 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

Fase de oposición: consistirá na realización dun exercicio práctico de carácter eliminatorio relacionado cos labores que se van desenvolve.

O exercicio obrigatorio práctico cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña 5 puntos.

A Guarda, 3 de xuño de 1997.

A alcaldesa

Rubricado

6322