Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

EDICTO.

Próximo a remata-lo prazo legal polo que se nomearon xuíz de paz titular e substituto deste concello, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:

1. Obxecto: presentación de solicitudes perante o alcalde-presidente deste concello, por parte de quen desexe exerce-lo cargo de xuíz de paz ou substituto.

2. Prazo de presentación: 15 días hábiles a partir da última publicación no BOP ou no DOG.

3. Condicións legais dos solicitantes:

a) Ser español e maior de idade.

b) Estar capacitado física e psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar condenado por delicto doloso mentres non se obtivese a rehabilitación.

d) Non estar procesado ou inculpado por delicto doloso en tanto non sexa absolto ou se dicte auto de sobresemento.

e) Os que estean en pleno exercicio dous seus direitos civís.

4. Xuntaranse á solicitude os documentos seguintes:

-Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

-Certificación do Rexisto Central de Penados e Rebeldes de declaración complementaria de conducta cidadá.

-Xustificante de méritos (de alegados o solicitante).

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

A Pontenova, 23 de xullo de 1997.

P.S.

Manuel Díaz Fernández

O primeiro tenente de alcalde

6256