Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión ordinaria do 28 de xullo de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de modificación do plan parcial do Polígono Industrial de Vilanoviña-Paradela, promovido por Expano, S.L. e Ramiro Martínez, S.L.

O expediente exponse ó público na secretaría municipal, durante o prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Pontevedra, no DOG e no BOP. O cómputo do prazo iniciarase a partir da data da última publicación.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 120 do Regulamento e planeamento urbanístico, a aprobación inicial determina a suspensión do outorgamento de licencias.

Meis, 29 de xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

6352