Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 7 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente a unidade de xestión de modificación da delimitación da UX-10, rúa R. Cabanillas, sita en R. Cabanillas nº 4 e 6, redactado polo arquitecto Carlos García Velasco e promovido por Distribuciones Froiz, S.A.

De conformidade co establecido no artigo 117.3º do R.D. 1/1992, exponse ó público durante o prazo de 15 días contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

O expediente quedará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo, na secretaría municipal, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Moaña, 21 de xullo de 1997.

Xabier Abalo Costa

Alcalde

6208