Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión da data 17-7-1997, aprobou definitivamente o ED promovido por Outonil, S.L., co gallo da ordenación volumétrica do sólido constituído polo rueiro 1, sito entre as rúas Virxe de Loreto/Perito Barbazán/Pontevedra, así como o reaxuste de aliñación da rúa Perito Barbazán. O que se fai público a teor do artigo 140.6º, RPU.

De conformidade co artigo 306.1º, LS, en relación coa Lei de xurisdicción contencioso-administrativa do 27-12-1956, contra o devandito acordo, que é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, conforme o artigo 58.1º, da LRXCA, logo de lle comunicar ó concello o anuncnio da súa interposición, conforme o artigo 110.3º, LPA.

Noia, 22 de xullo de 1997.

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

6255