Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás de Ourense, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación consistente na adquisición dun sistema de revelado de películas radiográficas luz día (C.P.1/97).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o esta

blecido no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 do Sergas (DOG nº 111 do 6 de xuño) convoca o seguinte concurso público.

Obxecto: contratación consistente na adquisición dun sistema de revelado de películas radiográficas.

Orzamento: 4.000.000 de ptas., IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Admisión de variantes.

Non se admitirán variantes ou alternativas na subministración do material obxecto do presente prego.

Prazo de execución: trinta días (30 días), contados a partir da adxudicación do contrato.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no servicio de personal do Hospital Santa María Madre, en días laborables, desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

-Fianza provisional: queda dispensada a súa presentación de conformidade co establecido no artigo 36.2º da LCAP, por tratarse dun contrato de subministración e se-la súa contía inferior á sinalada no artigo 178.2º da LCAP.

-Fianza definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

Solvencia económica e financeira.

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Declaración relativa á cifra de negocios globais e dos servicios e traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios sinalados no artigo 18 da LCAP.

Criterios de adxudicación.

1.Oferta económica: 60%.

2. Calidade do material: 20%.

3. Servicio técnico da subministración: 20%.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviarse por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax

(988-24 88 98) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reúnida en acto público na sala de xuntas do Hospital Santa María Madre, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte dia hábil.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do concurso.

Ourense, 14 de xullo de 1997.

Miguel A. Santalices Vieira

Director xerente do Complexo Hospitalario

Santa María Madre-Cabaleiro Goás

4614