Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 03 de setembro de 1997 Páx. 8.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de xullo de 1997, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-1-IV-78, conta 28 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124,1504,1501 e 1091 do Código civil e a cláusula III/IV/XIV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e

domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de xullo de 1997.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

-Francisco M. Domínguez Martínez e herdeiros.

Expte.: C-1-IV/78 (DP-D 65/97).

Conta: 28.

Blo. 41, portal 5, baixo D-Polígono Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 525.006 ptas.

-Juan M. Pérez Ferreiro e herdeiros.

Expte.: C-2-IV/75 (DP-D 70/97).

Conta: 51.

Blo. 4, piso 1º C dereita-Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.466.066 ptas.

-Teresa Martínez Ruíz e herdeiros.

Expte.: C-1-IV/78 (DP-D 71/97).

Conta: 13.

Enrique Granados, bloque 41, portal 3 baixo D (Ferrol).

Importe débeda: 731.210 ptas.

6692