Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-388/96 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 24 de xullo de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-388/96.

Denunciado: Manuel Serantes Barreiro.

Último enderezo coñecido: Leiro-Ribadumia.

Feito denunciado: pescar con arte prohibida (rede tipo trasmallo, ás 9 horas do día 13 de setembro de 1996, no río Umia.

Precepto infrinxido: Art. 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas. e Inhb. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día.

6344