Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-362/96 e 363/96 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos

expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 24 de xullo de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-362/96.

Denunciado: Isidro Fernández Quintas.

Último enderezo coñecido: Cela-Couto-Mos.

Feito denunciado: pescar nun tramo de río coutado sen licencia e sen permiso de couto, o día 10 de agosto de 1996, no río Zamáns.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

Expediente: P-363/96.

Denunciado: Marcial Casal Garrote.

Último enderezo coñecido: Cacheno, 46 Bembrive-Vigo.

Feito denunciado: pescar nun tramo de río coutado sen licencia e sen permiso de couto, o día 10 de agosto de 1996, no río Zamáns.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

6342