Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 29 de agosto de 1997 Páx. 8.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-15/97 e catro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes

sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 24 de xullo de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-15/97.

Denunciado: Antonio E. González Castro.

Último enderezo coñecido: Carballiño-Valga.

Feito denunciado: corta de vexetación de ribeira sen autorización (5 amieiros, 8 salgueiros e freixos). Feitos denunciados o día 28 de xaneiro de 1997, no río Valga.

Precepto infrinxido: Art. 34.22º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas. e Indemniz. de 30.336 ptas. e Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

-Expediente: P-24/97.

Denunciado: Ángel M. Ribadulla Suárez.

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 22-2º A, Redondela.

Feito denunciado: pescar lamprea desde a estacada nº 12 sen levar consigo nin a licencia de pesca, nin autorización para este tipo de pesca. O día 11 de febreiro de 1997, no río Tea, do termo municipal de Salvaterra de Miño.

Precepto infrinxido: Art. 34.16º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

-Expediente: P-52/97.

Denunciado: Jesús Villar Pereira.

Último enderezo coñecido: Doctor Corbal, 19, Vigo.

Feito denunciado: non respecta-las dimensións mínimas das especias ó capturar unha troita de 11,5 cms e non devolvela ó río. Feitos acontecidos o día 23 de marzo de 1997, no río Verdugo, no termo municipal de Ponte-Caldelas.

Precepto infrinxido: Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 1.000 ptas.

-Expediente: P-66/97.

Denunciado: Emilio Sobrado Ramos.

Último enderezo coñecido: Telleiro, 4, Tui.

Feito denunciado: pescar sen licencia, negándose a entrega-la cana para o seu comiso cando os axentes lla requiriron. Feitos acontecidos o día 26 de marzo de 1997, no río Arnego, no termo municipal de Agolada.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas. e Inhab. para obte-a Lic. de pesca durante 1 ano.

-Expediente: P-69/97.

Denunciado: José García Carrera.

Último enderezo coñecido: Xinzo-O Viso, Ponteareas.

Feito denunciado: dedicarse á pesca da lamprea a man, carecendo da licencia correspondente, e axudado por luz artificial, sendo observado durante / de hora dirixindo as luces das súas lanternas cara á auga e escudriñando ó fondo (sendo reincidente). Feitos acontecidos o día 19 de marzo de 1997, no río Tea, no termo municipal de Ponteareas.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º, 34.9º, 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 75.000 ptas. e Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

6341