Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para as instalacións eléctricas de referencia. (Expediente IN407A 96/45-3 A.T.; L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilaseca-Trasmiras, Ourense). Entidade beneficiaria: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Por resolución desta delegación provincial do 3 de xuño de 1997 (DOG do 10-7), foi autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica citada no encabezamento, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Xa que logo fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG con data do 2 de abril de 1997, que se expón acutalizada no taboleiro de edicto da Casa do Concello da Trasmiras, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración, acompañado dun perito, constituirase nos predios o día 18 de setembro de 1997, a partir das 12 horas, para a toma de datos e o levantamento, a continuación na sinalada Casa do Concello, das actas previas á ocupación; naqueles describiranse os bens obxecto de imposición de ser

vidumes e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa conta, e, segundo establece o artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, formular por escrito diante deste organismo expropiante, alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 17 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6266