Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios que se citan. (Expedientes 268I/96 e 291I/96).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294 do 1-12), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectuaren o pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

Expediente: 268I/96.

Denunciado: Veiga Pérez, José Mª.

DNI: 33.829.525

Último enderezo coñecido: Sierra Ganidoira, 82-1º dta., Lugo.

Feito denunciado: queimar ou prender lume cando está prohibido.

Tipificación, regulamento incendios:

Artigo: 138.A

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

Expediente: 291I/96.

Denunciado: Ferreiro Arias, Manuel.

DNI: 33.746.024.

Último enderezo coñecido: Souto, 12-Carnoedo, Sada-A Coruña.

Feito denunciado: queimar ou prender lume cando está prohibido.

Tipificación, regulamento incendios:

Artigo: 138.A

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

6267