Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de iniciación do procedemento sancionador de incendios 046I/97 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12) e mais do seu Regulamento do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de fun

cións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren conveniente en defensa dos seus peritos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Expediente: 046I/97.

Denunciado: Vázquez Suárez, José.

DNI: 32.312.903.

Último enderezo coñecido: Urbanización Los Sauces, s/n-B, Ferrol (A Coruña).

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipificación, regulamento incendios:-Artigo: 137 B.-Cualificación: grave.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Expediente: 072I/97.

Denunciado: Puente Torres, Ramón.

DNI: 32.420.796.

Último enderezo coñecido: Casanova de Eirís (A Coruña).

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipificación, regulamento incendios:-Artigo: 137 B.-Cualificación: grave.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: 089I/97.

Denunciado: Vila Sobral, Pablo.

DNI: 53.174.965.

Último enderezo coñecido: Pintor Lugrís, 1-3ºA, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: acampar dentro de zonas forestais prohibidas.

Tipificación, regulamento incendios:-Artigo: 136 H.-Cualificación: leve.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Expediente: 150I/97.

Denunciado: Miramontes Ardeóns, Enrique.

DNI: 33.197.372.

Último enderezo coñecido: Cortegada-Ameixenda, Ames (A Coruña).

Feito denunciado: queima sen adopta-las debidas precaucións, aínda que posúa autorización.

Tipificación, regulamento incendios:-Artigo: 138 C.-Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 30.000 ptas.

Expediente: 145I/97.

Denunciado: Gómez Vázquez, Luis.

Último enderezo coñecido: San Marcos-Sta. Eulalia de Bando, Melide (A Coruña).

Feito denunciado: queima sen adopta-las debidas precaucións, aínda que posúa autorización.

Tipificación, regulamento incendios:-Artigo: 138 C.-Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

6646