Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anula a convocatoria do concurso para a contratación de asistencia técnica para efectua-lo levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Armental (Vilasantar-A Coruña) CO97/213.073 LC-2518.

Mediante resolución desta delegación provincial do 22 de xullo de 1997, publicada no DOG nº 148, do 4 de agosto, anunciábase a licitación mediante concurso, procedemento aberto, de diversas asistencias técnicas (5/97), entre as que se encontraba a A.T. para levantamento dos camiños de concentración parcelaria na zona de Armental (Vilasantar-A Coruña) CO97/213.073.

Advertido o erro no orzamento deste expediente, procédese a anula-la convocatoria no relativo -unicamente- a esta asistencia técnica. Continúa sendo válida a convocatoria para as demais asistencias técnicas.

A Coruña, 25 de agosto de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

6610