Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación do ramal Pontevedra Ourense; addenda 1, nos termos municipais de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, O Caballiño, Maside, Punxín e Amoeiro.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro.

Segundo.-Con data do 16 de outubro de 1995, esta Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións recollidas no proxecto do ramal Pontevedra-Ourense.

Terceiro.-Con data do 12 de marzo de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación da modificación ó proxecto de execución do ramal Pontevedra-Ourense, addenda 1, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntándolle á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

-Modificación na canalización: a lonxitude increméntase en 92 m lineais na provincia de Pontevedra, acortándose en 93 m lineais o trazado inicial na provincia de Ourense. As modificacións están comprendidas nos seguintes tramos.

Na provincia de Pontevedra:

* Pontevedra: a variante sitúase entre o vértice VPO-6 e o límite do termo municipal de Ponte-Caldelas.

* Ponte-Caldelas: consta de dúas zonas:

a) Unha desde o límite do termo municipal de Pontevedra ata o vértice VPO-8 e como continuación da anterior.

b) A segunda sitúase desde o vértice VPO-15 ó VPO-15-6 e desde o vértice VPO-17-1 ó VPO-18.

* Cotobade: sitúase entre os vértices VPO-55 ó VPO-56, por terse desprazado a posición I-022-1 ó bordo do predio.

Na provincia de Ourense:

* O Carballiño: sitúase entre os vértices VOR-150-1 e VOR-151.

* Maside: consta de dúas zonas:

a) Unha situada entre os vértices VOR-166-1 e VOR-166-4.

b) A segunda, situada entre os vértices VOR-167 e VOR-168.

* Punxín: sitúase entre os vértices VOR-179-1 e VOR-168.

* Amoeiro: sitúase entre os vértices VOR-188 e VOR-187-1, ocasionada polo cambio de localización da posición I-022-4.

-Modificación nas instalacións auxiliares:

Na provincia de Pontevedra:

* Posición I-022-1: situada no termo municipal de Cotobade, cambia de localización para situala ó bordo do predio, realizándose o camiño de acceso polo linde dela.

Na provincia de Ourense:

* Posición I-022-2: auméntase a lonxitude do camiño de acceso, pasando o punto de entrada dun camiño estreito a unha pista ancha.

* Posición I-022-3: deseñada inicialmente para seccionamento, incorporouse unha saída en alta presión para unha futura rede de subministración, cambiándose o accionamento da válvula de corte manual, a accionamento telemandado, necesitándose a correspondente subministración de enerxía eléctrica que se efectuará mediante liña de baixa tensión con tendido aéreo desde un punto situado nas Caldas, a partir dunha liña de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

* Posición I-022-4: cambia a súa localización para situala fóra de posibles inundacións, se é necesaria a correspondente subministración de enerxía eléctrica que se efectuará mediante liña de baixa tensión con tendido aéreo, a partir dunha liña de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

O orzamento das obras ascende a 2.757.195 ptas. na provincia de Pontevedra e a 4.316.122 ptas. na provincia de Ourense; total: 7.073.317 ptas.

Cuarto.-Por resolución desta Dirección Xeral de Industria do 19 de marzo de 1997 someteuse a información pública a referida addenda ó proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 1997, no BOP de Pontevedra do 17 de abril de 1977, no BOP de Ourense do 18 de abril de 1977, no diario La Región do 9 de abril de 1997, en extracto no BOE do 29 de abril de 1977, expoñéndose, igualmente, no taboleiro de anuncios do Concello de Amoeiro e nos da delegacións provinciais de Pontevedra e Ourense, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Quinto.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente, significándolles que, de non recibir resposta no prazo de trinta días contado desde a recepción, entenderíase emitido en sentido favorable.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente polas delegacións provinciais de Pontevedra e Ourense.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, ó Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, ó Decreto 132/1982, do 4 de novembro e ó Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación coa dita Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no dito Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Enagás, S.A. procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-las modificacións ó proxecto de execución de referencia.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Outorgarlle a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación ó proxecto de execución das instalacións que se recollen na addenda 1 ó proxecto do ramal Pontevedra-Ourense, reflectidas no apartado segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro, de acordo coas condicións establecidas na citada Resolución do 16 de outubro de 1995.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6234