Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 28 de agosto de 1997 Páx. 8.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba a modificación do proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación da rede de Ourense; addenda 1, nos termos municipais de Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993, a Consellería de Industria e Comercio otorgoulle a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas.

Segundo.-Con data do 16 de outubro de 1995, esta Dirección Xeral de Industria aprobou o proxecto de execución e autorizou as instalacións recollidas no proxecto Rede de Ourense.

Terceiro.-Con data do 12 de marzo de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación da modificación ó proxecto de execución Rede de Ourense, addenda 12, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntándolle á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Indus

tria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

Modificación na canalización: a lonxitude increméntase en 260 m lineais. As modificacións están comprendidas nos seguintes tramos.

* Amoeiro: debido ó traslado da posición I-022-4, inicio da rede, a lonxitude desta aumenta entre os vértices V-0 e V-1.1, e entre os vértices VC-8-9 e VC-8-9.3.

* Ourense: esta variación do trazado consta de tres zonas:

-Entre os vértices VC-8-14 e VC-8-20.

-Entre os vértices VC-8-35 e VC-8-36, co fin de realiza-la acometida de gas ó matadoiro Coren, dentro dos seus terreos.

-Entre os vértices V-241 e V242.1, desprazándose o trazado inicial polo bordo dunha torre eléctrica de alta tensión.

* San Cibrao das Viñas: sitúase dentro do polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, entre os vértices V-343 e V-348, cambiando a conducción de beirarrúa para non interferir nos servicios (liñas eléctricas, tubería de auga, etc.) que pasan por ela.

Debido á previsión no incremento de consumo, tanto para a rede urbana de Ourense como para o polígono industrial de San Cibrao das Viñas, aumentáronse os diámetros de tubería, pasando estes de 6'' e 4'' iniciais, a 10'' e 6'', respectivamente.

A tubería construirase de aceiro de calidade Gr. B., segundo API 5L e dotarase de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que vai transportar para os consumos previstos ascende a 5.640 m (n)/h.

O orzamento das obras ascende a 7.903.150 ptas.

Cuarto.-Por resolución desta Dirección Xeral de Industria, do 31 de marzo de 1997, someteuse a información pública a referida addenda ó proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de maio de 1997, no BOP de Ourense do 18 de abril de 1977, no diario La Región do 12 de abril de 1997, en extracto no BOE do 29 de abril de 1977, expoñéndose, igualmente, no taboleiro de anuncios do concello de Amoeiro e nos da Delegación Provincial de Ourense, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Quinto.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin

de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente, significándolles que, de non recibir resposta no prazo de trinta días contados desde a recepción entenderíase emitido en sentido favorable.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Ourense.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación coa dita Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no dito Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Enagás, S.A. procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-las modificacións ó proxecto de execución de referencia.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o antedito e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación da modificación ó proxecto de execución das instalacións que se recollen na addenda 1 ó proxecto Rede de Ourense, reflectidas no apartado segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais de Amoeiro, Ourense e San Cibrao das Viñas, de acordo coas condicións establecidas na citada Resolución do 16 de outubro de 1995.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día

seguinte á publicación ou notificación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6503