Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 7 de agosto de 1997 pola que se somete a información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural das Illas Cíes (concello de Vigo).

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres regula, no seu título II, os plans de ordenación dos recursos naturais como un instrumento de planifi

cación da xestión dos recursos naturais, por todo isto,

RESOLVO:

Para os efectos previstos no artigo 6 da Lei 4/1989, de conservación de espacios naturais, da flora e da fauna silvestres, ábrese un prazo de información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados, sobre o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural das Illas Cíes, no concello de Vigo.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral do Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, Santiago de Compostela) e na Delegación Provincial de Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47-4ª planta) e para que se formulen contra el as alegacións que se consideren oportunas, nun prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez finalizado o dito prazo, abrirase ó día seguinte período de audiencia ós interesados por un prazo de 15 días.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

97-6508