Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico da Coriscada (apoio número 63) ata o apoio número 11 (inclusive) e a derivación á subestación do parque eólico do Vicedo (que se inicia no apoio número 33 e dispón de 8 apoios).

Visto o escrito e documentación anexa presentados polas empresas Gamesa e Eurovento, S.L. Unipersonal, con enderezos para os efectos de notificacións na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela e rúa Galeras, 17, planta 3ª, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela, respectivamente, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos,

Primeiro.-O día 17 de febreiro de 1997, as referidas empresas solicitan autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV entre a subestación do parque eólico da Coriscada, no termo municipal de Ortigueira, ata a subestación de Magazos, no termo municipal de Viveiro, cun ramal de entrada e saída desde esta liña ata a subestación do parque eólico do Vicedo, no termo municipal do Vicedo, discorrendo polos municipios de Ortigueira, Mañón, O Vicedo e Viveiro. Xúntase á solicitude o preceptivo proxecto de instalacións ó que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña aérea a 132 kV constituída por un circuíto de 3 conductores LA-180 sobre soportes metálicos de gradicela e illadores de vidro temperado en cadea, cunha lonxitude desde a subestación do parque eólico da Coriscada ata o apoio número 11, de 10.468 metros e derivación desde o apoio número 33 á subestación do parque eólico do Vicedo, cunha lonxitude de 1.407 metros.

Segundo.-O proxecto primitivo de instalación someteuse á información pública, xunto coa relacións de bens e dereitos afectados, por anuncio da Dirección Xeral de Industria do 11-3-1997, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 4 de abril de 1997, BOP da Coruña do 5 de abril de 1997, BOP de Lugo do 22 de abril de 1997, nos diarios La Voz de Galicia do 20-3-1997 e El Progreso de Lugo do 22-3-1997, así como en reseña no Boletín Oficial del Estado do 26 de abril de 1997, expoñéndose igualmente nos taboleiros de anuncios dos

concellos de Ortigueira, Mañón, O Vicedo e Viveiro, así como nas delegacións provinciais de Industria e Comercio da Coruña e Lugo. Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-O 15 de abril de 1997, o Servicio Provincial de Costas de Lugo presentou alegacións en relación co trazado da liña que discorre pola zona de dominio público marítimo-terrestre, facendo consta-la prohibición existente de instalación de liñas de alta tensión na dita zona, segundo o artigo 32.2º da Lei 22/1988, do 28 de xullo.

Cuarto.-Durante o período no que se someteu a trámite de exposición pública presentáronse escritos por parte de:

María Elma e María de la Fe Basanta Dovale, predio número 12 do tramo: derivación subestación parque eólico do Vicedo, que simplemente comunica defecto na titularidade do predio, que pertence unicamente a María de la Fe, e corrixe o defecto da notificación individual.

Benjamín Oca López, predio número 218, que alegaba unha maior afección no predio ó que se lle notificou.

Alejandro Alcalde Paz, predio número 106, que elegaba imprecisión na identificación do predio así como a posibilidade de establecer unha variante que resultase menos prexudicial os seus intereses.

Manuel Escourido García, segundo manifesta na súa calidade de presidente da Comunidade de Montes de Silvarosa, predio número 128, que simplemente comunica que a dita comunidade é a propietaria do dito predio, se ben alega que na realidade unha parte pertence á parroquia de Covas e outra á de Vieiro.

Mª Eugenia Ferro de las Heras, predio número 86 e 107, na que alega insuficiencia na identificación do predio número 86 á vista da documentación que se lle comunica, e demérito do predio número 107 xa que pensaba instalar un parque eólico na parte afectada polo trazado da liña no dito predio, propoñendo unha variante menos prexudicial para os seus intereses.

Mª Luisa Fernández Otero, predio número 131 e 136, alegando non considerar probada a utilidade pública da liña, así como a obrigatoria e prioritaria afectación de terreo de dominio público fronte ás propiedades particulares.

Francisco Rego Martínez, predios números 261, 266, 270, 273, 276, 279, 282, 290, 292, 293, 301, 305 e 316, que alega defectos nas titularidades dos ditos predios, ó pertenceren a unha comunidade de herdeiros, que non se xustificou a urxente ocupación, que se produce infracción da prohibición de pasar liñas eléctricas de alta tensión por xardíns e hortas

cerradas anexas a vivendas de extensión inferior a media hectárea, así como a obrigatoria e prioritaria afectación de terreo de dominio público fronte ás propiedades particulares, propoñendo unha variante e, por último, insuficiencia na identificación dos predios á vista da documentación notificada.

Constantina Rego Gómez, predios números 261-A, 262-A, 263-A, 288-A e 298-B, na que simplemente comunica a súa titularidade sobre e identifica exactamente os predios corrixindo os defectos na identificación destes.

Francisco Cal Pardo, predio número 110, na que alega non intenta-lo mutuo acordo e convenio e a insuficiencia da información notificada que permita a correcta identificación o predio e a súa afección.

Antonio Abril Abadín, predios números 63, 68, 84, 100 e 111, que alega a insuficiencia da información notificada que permita a correcta identificación do predio, así como defecto de titularidade, ó pertenceren a unha comunidade de herdeiros, da que se manifesta apoderado, corrixindo o mencionado defecto.

Ramón Salgueiro, S.L., predio número 5, alegando non ser o titular do dito predio.

Enrique Leal Casas, predio número 2, que alegaba o demérito do predio e solicitaba a expropiación o predio na súa totalidade ó amparo da lexislación vixente.

Hermesinda Balseiro Gómez, predio número 187, que elgaba demérito do predio, reservando para si o dereito a solicita-la expropiación do predio na súa totalidade, solicitando unha variante sempre e cando esta non superase o 10% na lonxitude ou altura respeto ó trazado proxectado.

José Darío García Rego, predios números 248, 249 e 250, que alegaba defectos na titularidade e identificación dos predios corrixíndoos.

Ramón Molezún Rebellón, predios números 213, 281 e 297, que alegaba defectos na titularidade dos predios que lle pertencen na comunidade a el mesmo e ós seus irmáns, corrixíndoos.

As citadas alegacións forón emitidas ás empresas solicitantes para a súa constestación.

Quinto.-O 9 de xuño de 1997, á vista do escrito de alegacións presentadas polo Servicio Provincial de Costas de Lugo en relación co trazado da liña pola zona do dominio público matítimo-terrestre, as empresas Gamesa e Eurovento, S.L. presentaron solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública da modificación do proxecto: liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV subestación Magazos, subestación parque eólico do Vicedo, subestación parque eólico da Coriscada presentado o 17 de febreiro de 1997.

A modificación denomínase Anexo ó proxecto da liña de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV

subestación Magazos, subestación parque eólico do Vicedo, subestaciónparque eólico da Coriscada.

Sexto.-O 30 de xullo de 1997, Gamesa e Eurovento, S.L. solicitan a autorización, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública do proxecto presentado o 17 de febreiro de 1997, con excepción da modificación presentada o 9 de xuño de 1997 que se está a tramitar axiña. O tramo da liña para o que se solicita autorización será a seguinte: desde a subestación do parque eólico de Coriscada (apoio número 63) ata o apoio número 11 (inclusive) e derivación ó parque eólico do Vicedo no apoio número 33 con 8 apoios.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable dos técnicos das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e Lugo, xa que unha vez practicada a inspección sobre o terreo seguindo o trazado da liña, se puido comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 56 da L.O.S.E.N. e artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, do Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, e 1877/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorizacións de instalacións eléctricas, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-Á vista das alegacións e das contestacións das empresas solicitantes despréndese que das alegaciósn formuladas polos reclamantes no caso do expediente 31/1997:

a) As empresas beneficiarias tomaron nota dos cambios de titularidade dos predios números 12, 128, 261, 266, 270, 273, 276, 279, 282, 290, 292, 293, 301, 305, 316, 261-A, 262-A, 263-A, 288-A, 298-B, 63, 68, 84, 100, 111, 5, 248, 249, 250, 213, 281 e 297, polo que os novos trámites seguirían cos novos titulares.

b) Que con respecto ó predio número 218 se alcanzou o mutuo acordo.

c) Que respecto ós predios números 106, 2, 5, 63, 68, 84, 100 e 86, estes déixanse fora da presente

autorización ó solicitaren as empresas beneficiarias a modificación do proxecto da liña con data do 9 de xuño de 1997, que establece unha variante no trazado final da liña e que e obxecto de trámite procedemental independente, co que os ditos predios xa non resultan afectados polo expediente referenciado.

d) Que respecto ós predios números 261, 266, 270, 273, 276, 279, 282, 290, 292, 293, 301, 305, 316, 110, 111, a Dirección Xeral de Industria remitiu ós propietarios dos predios antes mencionados, a información aportada polas empresas beneficiarias para a determinación das afeccións e correcta identificación delas.

e) Que respecto ó predio número 187 e 107 a Dirección Xeral de Industria remitiu á propietaria contestación sobre a inadmisión da variante proposta con base no non cumprimento dos requisitos esixidos pola lexislación vixente (afectación de terceiros propietarios e custo e lonxitude por riba do 10%).

f) Que respecto ós predios números 131, 136, 261, 266, 270, 273, 276, 279, 282, 290, 292, 293, 301, 305, 316, a Dirección Xeral de Industria remitiu ós propietarios a contestación, indicando que o carácter de utilidade pública e a urxente ocupación que teñen as liñas eléctricas quedan suficientemente acreditadas á luz das distintas disposicións legais vixentes reguladoras da materia (artigos 51, 52 e 53 L.O.S.E.N.) que non existe trazado alternativo técnica e economicamente viable a través de terreos de dominio público e a inadmisión da variante proposta con base no cumprimento dos requisitos esixidos pola lexislación vixente (afectación de terceiros propietarios e custo e lonxitude por riba do 10%).

g) Que respecto ó predio número 110, sobre a falta de intento de acordo por parte das empresas beneficiarias, este pódese alcanzar en calquera das fases do expediente expropiatorio, segundo o exposto no artigo 24 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 5, apartado 3º do seu regulamento.

Terceiro.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e os seus artigos 5 e 6.

Cuarto.-As alegacións presentadas polos propietarios non son atendibles, xa que a solicitude presentada por Gamesa e Eurovento, S.L. é conforme o establecido no título IX da L.O.S.E.N. e nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e concorren as circunstancias previstas na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Quinto.-No expediente instruído para o efeto cumpríronse os trámites previstos no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, no Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1996,

do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Desestima-las alegacións formuladas polos propietarios dos predios números:

106, 2, 5, 63, 68, 84, 100, 86, 187, 107, 131, 136, 261, 266, 270, 273, 276, 279, 282, 290, 292, 293, 301, 305, 316 e 110.

Segundo.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV comprendida entre a subestación do parque eólico da Coriscada (apoio número 63) ata o apoio número 11 (inclusive), cunha lonxitude de 10.468 metros e entre o apoio número 33 e a subestación do parque eólico do Vicedo de 1.407 metros, constituída por dous circuítos de 3 conductores LA-180 cada un, sobre soporte metálico de gradicela e illadores de vidro temperado en cadea.

Terceiro.-Declara-la utilidade pública da instalaión eléctrica que se autoriza, para os efectos de imposición de servidume de paso, de conformidade co previsto no artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional.

Cuarto.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comerio da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6457