Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 97/2-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos, creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, dunha planta de coxeración, que ten como características principais as seguintes:

Peticionario: Mosquera Villavidal, S.L., NIF B-32117764, con domicilio social en Vilavidal, 18, 32811 Ramirás (Ourense).

Emprazamento: Vilavidal, concello de Ramirás (Ourense).

Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético na factoría.

Equipamento: grupo motor-xerador, con motor diesel, de 1026 kW de potencia, e 1500 rpm, alimentado por gasóleo C; e xerador de 1225 kVAm Cos º=0,8, e tensión de xeración 400 V. Transformador de potencia, trifásico de 1600 kVA, con r.d.t. 15/0,4 kV. Intercambiadores de calor de auga de camisas/auga de proceso, recuperadores de calor e fumes e torre de refrixeración con dous cambiadores de calor. Dous tanques de 25 m de almacenamento do combustible. Aparellos eléctricos de manobra, protección, medida e interconexión coa rede de distribución.

Orzamento: 90.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, sita na rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense, e formular, no prazo de trinta días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, as reclamacións que se coiden oportunas.

Ourense, 4 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6507