Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.150

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (4/1995).

Eu, Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de procedemento sumario hipotecario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se seguen neste xulgado co número 4 do ano 1995, promovidos por Caixa de Aforros Municipal de Vigo (CaixaVigo), con domicilio na Avda. García Barbón, 1-3, Vigo, representada polo procurador Manuel Castro del Río, contra a entidade mercantil Gomofi, S.L., con domicilio en rúa de Mundito, 11-13, pisos 2º A, 2º B e 2º C, sobre reclamación de crédito hipotecario, acordouse sacar a poxa pública, por termo de vinte días e polo prezo pactado na escritura de constitución de hipoteca os predios que se relacionan ó final do presente edicto, dos que terá lugar o remate nas datas e baixo as condicións seguintes:

Primeira poxa: celebrarase o día 25 de setembro de 1997, ás 12 horas.

Segunda poxa: celebrarase o día 23 de outubro de 1997, ás 12 horas.

Terceira poxa: celebrarase o día 20 de novembro de 1997, ás 12 horas.

Condicións da poxa.

Primeira: os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría deste xulgado.

Segunda: entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gra

vames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Terceira: servirá de tipo para a poxa o pactado na escritura de constitución de hipoteca e non se admitirá ningunha oferta inferior ó dito tipo.

Cuarta: o acredor demandante poderá concorrer como licitador a tódalas poxas e non precisará consignar cantidade ningunha para tomar parte na licitación. Tódolos demais licitadores, sen excepción, deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 1569/000/18/4/95 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo, tanto na primeira como na segunda poxa, se houbese lugar a esta, para tomar parte nelas. Na terceira poxa, se se celebra, o depósito consistirá no 20%, polo menos, do tipo fixado para a segunda.

Quinta: para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda, para a que servirá de tipo o 75% da primeira, sen que se poida admitir oferta inferior a este tipo, baixo as condicións anteriormente ditas, e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo.

Sexta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntándolles resgardo de ter consignado o importe que corresponda no establecemento destinado para o efecto.

Sétima: as ofertas poderanse facer para cede-lo remate a un terceiro. O rematante que exercer esta facultade terá que verifica-la dita cesión mediante comparecencia ante o propio xulgado que celebrase a subasta con asistencia do cesionario, quen a deberá aceptar, e todo isto previa ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo do remate.

Bens obxecto da poxa.

Predios integrantes de edificio sito na rúa de Mundito, Ordes, sinalado cos números 11-13:

Local número 4. Sito na segunda planta. Piso segundo, letra A. Destínase a vivenda e está distribuído en vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-estar e tres dormitorios (con armarios encastrados e o principal cun dos cuartos de baño). Ten unha superficie útil duns setenta e catro metros cadrados. Linda mirando para a fronte do edificio: norte ou espalda, escaleiras e descanso de escaleiras, patio de luces e vivendas B e C desta planta; sur o fronte, rúa de situación e vivendas B e C desta planta; leste ou dereita, patio de luces e vivenda C desta planta; e oeste ou esquerda, patio de luces, descanso de escaleiras e vivendas B desta planta. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes,

tomo 528, libro 132, folio 157, predio número 20.025, inscrición 2ª.

Local número 5. Sito na segunda planta. Piso segundo, letra B. Destínase a vivenda. Está distribuído en: vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-estar e tres dormitorios (con armarios encastrados e o principal cun dos cuartos de baño). Ademais, ten un tendal. Superficie útil duns noventa metros cadrados. Limita, mirando para a fronte do edificios: norte ou espalda, columna de aire sobre a terraza do local número tres (planta primeira) e, en parte, vivenda A desta planta; sur ou fronte, rúa de situación e, en parte, vivenda A desta planta; leste ou dereita, vivendas A e C desta planta, oco de ascensor e descanso de escaleiras; e oeste ou esquerda, Benjamín Recouso Martínez e outros. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 528, libro 132, folio 160, predio número 20.027, inscrición 2ª.

Local número 6. Sito na segunda planta. Piso segundo, letra C. Destínase a vivenda e está distribuído en: vestíbulo, corredor, cociña, dous cuartos de baño, salón-comedor-estar e tres dormitorios (con armarios encastrados e o principal cun dos cuartos de baño). Ten ademais: distribuidor, rocho e tendal. Ten unha superficie útil duns noventa e oito metros cadrados. Limita mirando para a fronte do edificio: norte ou espalda, columna de aire sobre a terraza do local número tres (planta primeira) e, en parte, o piso A desta planta; sur ou fronte rúa de situación, oco de ascensor, descanso de escaleiras e vivenda A desta planta; leste ou dereita, José Bestilleiro Docampo e outros; e oeste ou esquerda vivendas A e B, oco de ascensor e descanso de escaleiras. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 528, libro 132, folio 163, predio número 20.029, inscrición 2ª.

Tipos de taxación para efectos de poxa:

Local número 4: oito millóns oitocentas trinta e dúas mil pesetas.

Local número 5: nove millóns setecentas noventa e dúas mil pesetas.

Local número 6: dez millóns setecentas cincuenta e dúas mil pesetas.

E para que conste e sirva de anuncio nos diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores, en caso de estes non seren achados nos predios de constitución de hipoteca, expido e asino este edicto en Ordes o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5707