Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Mero, xunto cos proxectos e estudio de avaliación medioambiental do concurso DH.A15.7247-M (11/122/2-M).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mero, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, en aplicación do artigo 2.3º do R.D. 916/1985, do 25 de maio, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e para dar cumprimento ó disposto no artigo 109º do R.D. 849/1986, do 11 de abril; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso

sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte ó da publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio tamén será obxecto de inserción no BOP da Coruña e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cambre (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copia da petición.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos. Praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña. Praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Cambre. R/ Atrio, 1, 15660 Cambre, A Coruña

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Minicentrales Eléctricas de Galicia, S.L.

Representante: María Emilia Gómez Rodríguez.

Enderezo: Payo Gómez, 2-4, 4º Esd., A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Salto de Cecebre.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 9.000 l/s

Corrente de derivación: río Mero.

Tramo ocupado (cotas): 31,5-20,5 m

Desnivel: 11 m

Potencia: 651 KW

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Cambre (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

O obxecto do proxecto presentado é o aproveitamento da auga do encoro de Cecebre situado no río Mero mediante unha central a pé de presa. O recurso que se vai turbinar é o que actualmente desauga a presa mencionada para abastecemento e aquel que verte polos desaugadoiros de fondo. Da presa de Cecebre partirán dúas tuberías, a primeira aproveitando o caudal desaugado para abastecemento e a segunda desde os desaugadoiros de fondo.

-Tuberías forzadas.

A tubería forzada que aproveita os caudais desaugados para abastecemento ten unha lonxitude total de 56 m e un diámetro de 950 mm, e é capaz de transportar un caudal de 3 m/s. Para a realización desta conducción aprovéitase a tubería e cámara de válvulas existentes na actualidade para abastecemento, prolongándose a tubería, mantendo as mes

mas características, ata chegar á central. A tubería será de chapa de aceiro.

A conducción que enlaza cos desaugadoiros de fondo ten unha lonxitude de 45 m ata a bifurcación e un diámetro de 1.350 mm, e é capaz de transportar un caudal de 6 m/s. A dita tubería bifúrcase en dúas tuberías de 950 mm de diámetro e lonxitudes de 10 e 13 m ata a central.

-Central.

Proxéctase un edificio situado na marxe esquerda do río Mero, de planta rectangular e dimensións 23 m x 13 m. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso, que discorrerá na marxe esquerda do río.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Tres grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de cámara espiral e eixe horizontal, 375 r.p.m. para un caudal de 3 m/s e un salto de 8,37 m (potencia de 217 kW cada unha); os alternadores son asíncronos de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 375 r.p.m..

-Transformador de 3.300 KVA cunha relación de transformación 6/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

6119