Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de xullo de 1997, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución de contrato do procedemento administrativo de desafiuzamento que se segue no expediente de regularización de situación dos ocupantes da vivenda de promoción pública PO-31/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ós interesados que se citan a continuación, dos que o último enderezo coñecido é o da vivenda obxecto de desafiuzamento, proposta de resolución de contrato outorgado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios que se relacionan no anexo, unha vez probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios dunha vivenda de protección oficial de promoción pública.

Proposta:

A rescisión e resolución do contrato conforme o anteriormente exposto entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e os adxudicatarios relacionados no anexo.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de vivendas de protección oficial, concédeselles un prazo de 10 días para a súa contestación por escrito, no que formularán as alegacións e proporán as probas que consideren oportunas no seu descargo.

Pontevedra, 23 de xullo de 1997.

Carlos A. González Rodríguez

Xefe da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo, en Pontevedra

ANEXO

Nº expediente desafiuzamento: 31/96.

Adxudicatario: Evaristo Soage García.

Enderezo: A Salgueira, 43, bloque 7-2º, Vigo.

Expediente construcción: PO-803.

6118