Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

NOTIFICACIÓN de acordo e emprazamento no recurso contencioso-administrativo 02/0004391/1997 T, interposto por José Ramón Maseda Lafuente.

No cumprimento do reclamado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, que o presidente da Comisión Provincial de Vivenda de Lugo, acordou: «Remitir ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativa, sección 2ª da Coruña, o expediente administrativo LU-94/503 do grupo de 32 vivendas de promoción pública en Vilalba, como consecuencia do requirido polo citado tribunal ó admiti-lo recurso contencioso-administrativo nº 02/0004391/1997 T, interposto por José Ramón Maseda Lafuente, contra resolución da Comisión provincial da Vivenda de Lugo do 17 de decembro de 1996, sobre aprobación da lista de adxudicatarios de vivendas de promoción pública de Vilalba, e emprazar a tódolos interesados nel».

Por iso, ó se-las persoas que se relacionan no anexo interesados que puideran resultar afectados polo recurso antes mencionado, no cumprimento do disposto no artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na redacción resultante da Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes da reforma procesual e da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse para que poidan comparecer en forma, se o consideran conveniente, mediante procurador, coa asistencia de letra

do ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto no prazo de nove días.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Ramón López Seoane, último enderezo coñecido Av. Terra Chá, 27-3º Esda., Vilalba.

Divino Adolfo Carballeira Román, último enderezo coñecido rúa da Pravia, 10-6, Vilalba.

Mª Oliva Cendan Balsa, último enderezo coñecido Obras Públicas, 16, Vilalba.

Manuel Rouco Villares, último enderezo coñecido rúa da Feira, 14-1º, Vilalba.

Juan Javier Curras González, último enderezo coñecido Plácido Peña, 23-4º Esda., Vilalba.

Adolfo Pérez Díaz, último enderezo coñecido Campo da Ponte, 11, Vilalba.

Luis Engroba Falcón, último enderezo coñecido Cidade de Viveiro, 11, Vilalba.

José Ántel Lozano Carballido, último enderezo coñecido Cidade de Viveiro, 9-3º, Vilalba.

Restituto Gómez Anello, último enderezo coñecido Rouco Varela, 18-4º Esda., Vilalba.

6136