Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 25 de agosto de 1997 Páx. 8.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de consultoría e asistencia que se cita.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 97.05.0055.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización dos procesos de validación da información contida nos ficheiros resultantes da gravación do PMH e a EP, así como os procesos de axuste ás cifras oficiais de poboación e a imputación de falta de resposta nas principais variables.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: nº 94, do 19 de maio de 1997.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 13.800.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de xullo de 1997.

b) Empresa adxudicataria: ODEC, Centro de Cálculo y Aplicaciones Informáticas.

c) Importe de adxudicación: 13.280.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

6311