Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (505/1984).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de menor contía número 505/1984, e o auto de rectificación de erros do 15 de maio de 1997, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 505/1984, por instancia de Manuel Pandelo, Arturo Pandelo López e Ramona Pandelo López, representados polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado, Portos Freire, contra Manuel Piñeiro Yáñez, representado pola procuradora Regueiro Muñoz, asistido do letrado Portos Freire,

e contra Basilio Mosteiro Carreira e Consuelo Ramos Sánchez, representado polo procurador García Boado, asistido do letrado Pardal Castro e contra Antonio Viña García, Amadora Louzao López, María Colmeiro Vázquez, María García Buján, Tomás Liñeira García, Manuel Liñeira García, Julia Liñeira García e herdeiros descoñecidos e incertos de Tomás Liñeira Bande, todos eles en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel, Arturo e Ramona Pandelo López, contra Manuel Piñeiro Yáñez, representado pola procuradora Regueiro Muñoz e contra Basilio Mosteiro Carreira, Consuelo Ramos Sánchez, representados polo procurador García Boado, e contra Antonio Viña García, María García Buján, Tomás Liñeira García, Carmen Liñeira García e Pilar Liñeira García e herdeiros descoñecidos e incertos de Tomás Liñeira Bande, declarados todos eles en rebeldía procesual.

E debo estimar e estimo a reconvención efectuada por Manuel Piñeiro Yáñez, representado pola procuradora Regueiro Muñoz, declarando ser dono con carácter ganancial dos predios descritos no feito VIII da reconvención, coincidentes en todo ou en parte coas do feito I da demanda, declarando, así mesmo, a nulidade da escritura de adxudicación de herdanza do 30 de outubro de 1981, outorgada polos demandantes-reconvidos e o seu pai Manuel Pandelo Fernández, no concernente ós cinco predios do preito, descritos no feito primeiro da demanda, en canto se correspondan en todo ou en parte coas do recorrente, declarando igualmente nulas as inscricións practicadas da referida escritura de adxudicación de herdanda, debéndose por isto cancelar.

Desestímanse as demais pretensións da reconvención. E en canto ós froitos, deberase observa-lo disposto no Código Civil para os posuidores de boa fe, determinándose en caso de diverxencia as cuestións ó respecto na fase de execución de sentencia.

En canto ás custas procesuais, aplíquese o disposto no último fundamento de dereito.

Parte dispositiva do auto de rectificación de erros:

Que debo aclarar e aclaro a sentencia do 15 de maio de 1997, no sentido de supli-la omisión na súa parte dispositiva, no seu parágrafo segundo, ó final deste, de que procede deixa-los referidos predios ó dispor do reconveniente».

A sentencia inserida arriba foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de Tomás Liñeira Bande, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dez de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5517