Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.134

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (167/1997).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 167/1997 por instancia de María Mercedes Sánchez Sánchez contra Herminio González Rodríguez, nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Herminio González Rodríguez para que o día vintetrés de outubro ás doce corenta e cinco horas compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que, se non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito, e que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e sirva de citación a Herminio González Rodríguez, expido e asino este edicto en Santiago o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e sete.

5451