Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.134

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (266/1990).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 266/1990, se seguen autos de separación conxugal, por instancia do procurador Antonio Cuns Núñez, en representación de Felisa Bello Liñares, contra Manuel Vigo Rodríguez, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial, o seguinte predio, pertencente á sociedade de gananciais que formaban os esposos:

-Casa sen número oficial, sita no lugar da Esquipa, Lavacolla, no concello de Santiago de Compostela, cunha superficie de terreo duns 1.500 m aproximadamente. É unha edificación composta por soto, planta baixa e vivenda baixo cuberta. O local soto, ó que se accede pola parte posterior da edificación, está destinado a almacén para servicio da edificación. A planta baixa destínase a vivenda distribuída en catro habitacións, cociña e baño. A planta baixo

cuberta consta de seis ocos ou dependencias, cun corredor no medio. A superficie aproximada de cada unha das plantas é de 115 m.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena número 2 do polígono das Fontiñas o próximo día 2 de outubro ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 13.550.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, número de conta 1592-32-266-90 o 20% do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só as partes poderán face-lo remate en calidade dello ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia das partes as consignacións dos licitadores que non resultaren rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a súa obriga, se poida aproba-lo remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade encóntranse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 4 de novembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 3 de decembro, tamén ás once horas, e rexerán para ela as mesmas condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3201