Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/179-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Francisco Outón Estévez.

Enderezo social: Cumiar, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Cumiar-Ponteareas.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 340 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón e 25 m de lonxitude o tramo soterrado de 3x50 mm Al, desde o C.T. de Cumiar propiedade da empresa Sestelo e Cía., ata o C.T. que se proxecta na nave industrial en Cumiar, concello de Ponteareas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380.

Resultando que con data do 31-5-1996 se presentaron alegacións pola parte de Purificación Fernández Vázquez, nas que indica que non deron consentimento para a instalación do tendido eléctrico, e que se opón á constitución de calquera servidume sobre o seu predio.

Considerando que a autorización administrativa da instalación e a aprobación do proxecto se realiza baseándose no cumprimento da normativa en cuestión de seguridade, con independencia de que o titular deba dispoñer dos permisos necesarios de paso para a súa montaxe xa que no caso contrario non poderá realizala, e que non consta que haxa neste caso prohibición de acordo co artigo 25 do Decreto 2619/1966.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulametnos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 4 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6070