Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1997 pola que se lle dá publicidade á de adxudicación polo procedemento negociado sen publicidade dun contrato por lotes de consultoría e asistencia para a celebración da feira internacional Tecnova 97.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 21/97.

Obxecto do contrato: organización e loxística para a celebración da feira Tecnova 97.

Lote A: contratación de asistencia técnica de apoio ós contidos e presentación dos departamentos, así como azafatas.

Lote B: realización de publicidade nas televisións autonómicas.

Lote C: confección e edición do libro de contidos do stand da Xunta de Galicia.

Lote D: realización da xornada e media de encontro de asesores en proxectos europeos.

Lote E: desprega-la necesaria promoción da participación empresarial de Galicia nas zonas temáticas, mediante a confección de soportes de presentación.

Lote F: mantemento, loxística e transporte da Comisión de Contidos da Xunta de Galicia e contidos da Consellería de Industria e Comercio no stand da Xunta de Galicia.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: negociado sen publicidade.

Orzamento base de licitación:

Lote A: 5.500.000.

Lote B: 9.900.000.

Lote C: 5.100.000.

Lote D: 5.100.000.

Lote E: 9.900.000.

Lote F: 2.600.000.

Adxudicación:

Data: 11 de xuño de 1997.

Contratista:

Lote A, contratista: Tesec, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: cinco millóns catrocentas sete mil duascentas vintecatro pesetas (5.407.224).

Lote B, contratista: Imaxe Publicidad, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: nove millóns setecentas noventa mil cento trinta e oito pesetas (9.790.138).

Lote C, contratista: Gráficas de Santiago, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: cinco millóns vinte mil pesetas (5.020.000).

Lote D, contratista: Cyex Congresos, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: cinco millóns catorce mil seiscentas cincuenta pesetas (5.014.650).

Lote E, contratista: Tórculo, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: nove millóns seiscentas mil pesetas (9.600.000).

Lote F, contratista: ACK Servicios de Comunicación.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: dous millóns cincocentas corenta mil pesetas (2.540.000).

Santiago de Compostela, 16 de xullo 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio

6071