Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de notificación de autos de medidas (65/1997).

Eu, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, José Manuel Silvosa Tallón, dou fe e testemuño de que nos presentes autos de medidas provisionais rexistradas co número 65/1997, seguidas por instancia de Mª Palmira García Fuentes, representada polo procurador Rieiro Noya, contra Luis Evaristo Rial Barreiro, declarado en rebeldía e en paradoiro descoñecido, se dictou a seguinte resolución, que na parte dispositiva di literalmente:

«Acordo a adopción das seguintes medidas:

1. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

2. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes lle outorgase ó outro.

3. Cesa a posibilidade de vincula-los bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

4. A filla menor de idade Mª Jesús Rial e García quedará en compañía e baixo a custodia da nai, Mª Palmira García Fuentes, aínda que a patria potestade continuará sendo exercida de modo conxunto por ámbolos pais.

5. Recoñéceselle a Luis Evaristo Rial Barreiro o dereito a visita-la súa filla, tela na súa compaña e comunicarse con ela, na forma que acorden ámbolos pais, procurando o maior beneficio da menor e, en caso de desacordo, e como mínimo, este dereito comprenderá os seguintes extremos: ter consigo a filla menor os fins de semana alternos desde as 20

horas do venres ata as 20 horas do domingo; a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán elixindo estes períodos os anos impares a nai e os pares o pai; así como o dereito de visita, en termos razoables, en caso de enfermidade da filla, no domicilio desta.

6. En concepto de pensión alimenticia a favor da filla menor Luis Evaristo Rial Barreiro aboaralle a Mª Palmira García Fuentes a cantidade de 15.000 pesetas mensuais, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, ingresándoas na conta bancaria que designe a perceptora, cantidade que se revalorizará anualmente conforme o IPC fixado polo INE, igualmente sufragrá a metade dos gastos extraordinarios que se produzan durante a vida da filla menor, tales como operacións cirúrxicas, longas enfermidades e outros análogos, logo de notificación do feito que motive os gastos e o seu importe.

Non se fai especial imposición en custas.

Así o acorda, manda e asina, Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido».

E para que produza os efectos oportunos, expido este edicto en Arzúa o trinta de xuño de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

5403