Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 22 de agosto de 1997 Páx. 8.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de agosto de 1997 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril) pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública por materias a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I de esta orde.

Segundo.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario no anexo II desta orde.

Terceiro.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores técnicos de formación profesional no anexo III desta orde.

Cuarto.-Os relacionados nos anexos II e III que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Quinto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexos II e III deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Sexto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundarias, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trans

corridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Sétimo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director Xeral de Persoal

ANEXO I

ANEXO II

5516