Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Baxoi ou Anduriña, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso DH.A15.8254 (13/108/2).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Baxoi ou Anduriña, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito Real decreto 916/1985 segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trá

mite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela -e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte ó da publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP da Coruña e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Vilarmaior (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copia da petición.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071, Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advo. Monelos. Praza Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña. Praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Vilarmaior. R/ Armada, 1, 15637 Vilarmaior, A Coruña

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Representante: José Manuel Cortizo Soñora.

Enderezo: lugar Extramundi, s/n, 15900 Padrón, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica no río Anduriña.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 750 l/s.

Corrente de derivación: río Baxoi ou Anduriña.

Tramo ocupado (cotas): 243-89 m.

Desnivel: 154 m.

Altura do azude: 6 m.

Potencia: 976 kVA.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Vilarmaior (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 18 m (cota de coroación de 245 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra á cota de 243 m, cunha lonxitude de vertido de 10 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e a toma do aproveitamento.

A obra de toma encóntrase no estribo esquerdo do azude, que é un bocal consistente nun abocinamento da tubería forzada no paramento augas arriba do azude.

-Tubería forzada.

A tubería de carga discorre pola ladeira esquerda do río desde a toma no azude ata o edificio da central. Está construída en aceiro cun diámetro de 0,9 m e desenvólvese enterrada ó longo de 1.950 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 20,25 m x 9,7 m situada á cota de 92 m. A estructura do edificio é de formigón armado e cuberta de fibrocemento e tella.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de aliñación recta, cunha sección rectangular construída en formigón, e a cota de desaugamento de 89 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de dous chorros, 500 r.p.m., para 0,75 m/s e un salto de 150,5 m (potencia 1.970 C.V.); o alternador é síncrono de 976 kVA, 6 kV de tensión e 500 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes, os que de seguir se indican:

Concello de Vilarmaior.

Polígono 31: parcelas 23 á 35, 196 á 199, 226 á 228, 238, 241, 191 á 197; polígono 30: parcelas 9 á 13.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

5987