Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Vilacova ou Manle, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso DH.A15.7422 (6/208/6).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Vilacova ou Manle, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo constar, se é o caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo

da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela -e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio tamén será obxecto de inserción no BOP da Coruña e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Lousame (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advo. Monelos. r/ Praza de Luís Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 3, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña. Praza de Pontevedra, 22-2º, 15003 A Coruña.

* Concello de Lousame. r/ Portobravo, 1, 15214 Lousame, A Coruña

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

RELACIÓN DE PETICIONARIOS

-Peticionario e promotor: Aluminios Cortizo, S.A.

Representante: José Manuel Cortizo Soñora.

Enderezo: lugar de Extramundi, s/n, 15900 Padrón, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: C.H. Río Vilacova.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.000 l/s.

Corrente de derivación: Vilacova ou Manle.

Tramo ocupado (cotas): 193-77,2 m.

Desnivel: 115,8 m.

Altura do azude: 5,5 m.

Potencia: 1.925 kVA.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 47,5 m (cota de coroación 194,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontre a cota de 193 m, cunha lonxitude de vertido de 43,5 m. O azude de derivación ten unha planta curva e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo e no dereito a obra de toma.

A obra de toma sitúase transversalmente no seu estribo dereito mediante un orificio rectangular situán

dose a continuación a cámara de sedimentación de finos, cunhas dimensión xerais de 5 m x 25 m e 4,5 m de altura. Ó final deste sitúase un limparreixas automático.

-Conducción de derivación e forzada.

A tubería de conducción que discorre enterrada pola marxe dereita é de aceiro de 1.200 mm de diámetro e entronca a través dunha válvula coa tubería da cámara de sedimentación. A súa lonxitude é de 2.550 m e o final dela conflúe directamente coa turbina aloxada na casa de máquinas.

-Central.

Proxéctase un edificio á cota de explanación de 81 m, de planta rectangular e de dimensións 24 m x 9,7 m e 7 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso de turbina ó río oblicuamente. A cota de desaugamento é a 77,2 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 2 m/seg. e un salto de 114,5 m., de potencia 2.710 C.V., o xerador é síncrono de 1.925 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes, os que de seguida se indican:

Concello de Lousame.

Polígono 34: parcelas 1 á 55; polígono 35 a: parcelas 23 á 35; polígono 36: parcelas 191 á 197; polígono 38: parcelas 166 á 178; polígono 39: parcelas 9 á 13.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Norvento, S.L.

Enderezo: r/ Ribadeo, 2 Entlo. Esd., 27002 Lugo.

Representante: Marta Fernández Castro.

Denominación do aproveitamento: A.H. Minicentral del Vilacoba.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.525 l/s.

Corrente de derivación: Vilacova ou Manle.

Tramo ocupado (cotas): 152,25-78,14 m.

Desnivel: 74,11 m.

Altura do azude: 6,8 m.

Potencia: 1.650 KW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 31,5 m (cota de coroación 155,65 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra a cota de 152,25 m, cunha lonxitude de vertido de 16,70 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes, un desaugadoiro de fondo e a obra de toma.

O acceso o azude realizarase utilizando a pista que accede desde Vilacoba a Lesende.

A obra de toma sitúase transversalmente no seu estribo esquerdo mediante un orificio circular situado á cota de 150 m. A cámara de sedimentación consiste nun cilindro de 2 m de diámetro e 16 m de lonxitude.

-Conducción de derivación.

A tubería de derivación que discorre enterrada pola marxe esquerda é de fibrocemento de 1.400 mm de diámetro e ten unha lonxitude de 700 m. O final dela conflúe cunha cheminea de equilibrio e coa tubería forzada.

-Tubería forzada.

A tubería de carga ten dous tramos, o primeiro, denominada tubería de baixa presión, é de 380 m de lonxitude, 1.400 mm de diámetro e está construída de fibrocemento. O segundo, é de 90 m de lonxitude, diámetro 1.400 mm e elaborada en aceiro de 8 mm de espesura.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 11 m x 15 m e 7,5 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde a estrada Padrón-Noia aproveitando dúas pistas existentes, que arrancan cerca do lugar de Soutorredondo.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 20 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 3 m de largo e 2 m de altura, recuberta e construída en formigón. A cota de desaugamento é a 78,14 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por unha turbina Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m. para 1,2625 m/seg. e una salto de 72,45 m., de potencia máxima no eixe de 825 kW; o xerador é síncrono de 1.000 kVA, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Transformador de 2.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que a seguir se indican xunto cos seus propietarios:

PREDIOS PROPIETARIOS

PolígonoNº parcelaConcelloNome e apelidos

37129LOUSAMERAMON LOPEZ RODRIGUEZ
37130LOUSAMEALEJANDRO CADARSO CAAMAÑO
37131LOUSAMEGLORIA CADARSO CAAMAÑO
3727LOUSAMEHROS. DE JOSE NIRMO NIETO
3721LOUSAME
3771LOUSAME
3795LOUSAME
3726LOUSAMERAMIRO MIGUENS CALVO
3755LOUSAME
3759LOUSAME
3799LOUSAME
3725LOUSAMEMERCEDES TOBIO CAO
3747LOUSAME
3773LOUSAME
37101LOUSAME
3724LOUSAMENIEVES TOBIO ROMERO
3723LOUSAMEANDRES CHOUSA GOMEZ Y HROS.
3720LOUSAME
3743LOUSAME
3744LOUSAME
3760LOUSAME
3779LOUSAME
3782LOUSAME
3788LOUSAME
3722LOUSAMEFRANCISCO CAO HOMBRE
3754LOUSAME
3769LOUSAME
3789LOUSAME
3719LOUSAMEJULIA CAO
3780LOUSAME
3728LOUSAME
3790LOUSAME
3718LOUSAMEHROS. CONSUELO FREIRE BORBAZAN
3740LOUSAME
3770LOUSAME
37108LOUSAME
3717LOUSAMEFLORENTINA IGLESIAS ROO
3741LOUSAME
3714LOUSAME
3775LOUSAME
3757LOUSAME
3730LOUSAME
3787LOUSAME
3796LOUSAME
3716LOUSAMELINA TOBIO CALVO
3715LOUSAMEJOSEFA CALVO CEDOFEITA
3745LOUSAME
3713LOUSAMEHROS. DE RICARDO TOBIO CAO
3777LOUSAME
3729LOUSAME
3794LOUSAME
3712LOUSAMEFRANCISCO VEIGA ANGUEIRA
3765LOUSAME
3792LOUSAME
3711LOUSAMEMARIA CALVO
37107LOUSAME
3710LOUSAMEISOLINA CAO TOBIO
3751LOUSAME
3778LOUSAME
37102LOUSAME
379LOUSAMEDEOLINDA CAO HOMBRE
37104LOUSAME
378LOUSAMECONSUELO TOBIO SANPAYO
3750LOUSAME
3781LOUSAME
37100LOUSAME
377LOUSAMEHROS. DE JOSE SAMPAYO CASTAÑO

PREDIOS PROPIETARIOS

PolígonoNº parcelaConcelloNome e apelidos

3772LOUSAME
3798LOUSAME
376LOUSAMEFLORINDA LORENZO NIRMO
3753LOUSAME
3758LOUSAME
3791LOUSAME
375LOUSAMEJOSE MIGENS CEDOFEITA
3732LOUSAME
3763LOUSAME
3783LOUSAME
374LOUSAMEJOSE FERNANDEZ VIDAL
3746LOUSAME
3762LOUSAME
37106LOUSAME
373LOUSAMEJESUS MARTINEZ IGLESIAS
3748LOUSAME
3766LOUSAME
3797LOUSAME
372LOUSAMEHROS. DE ANDRES QUINTELA ROMERO
3733LOUSAME
3767LOUSAME
371LOUSAMESOLEDAD MARTINEZ
3752LOUSAME
3768LOUSAME
37105LOUSAME
3731LOUSAMETERESA VIDAL SENRA
3756LOUSAME
3734LOUSAMEJOSEFA VEIGA ANGUEIRA
3735LOUSAMEASUNCION VEIGA ANGUEIRA
3736LOUSAMENIEVES CALVO TOBIO
3761LOUSAME
3785LOUSAME
37103LOUSAME
3737LOUSAMECONCEPCION CALVO
3738LOUSAMEDIMA TOBIO CALVO
3774LOUSAME
3739LOUSAMEHROS. DE DOMINGO SAMPAYO CASTAÑO
3742LOUSAMEJOSE CAO ALFONSIN
3749LOUSAMEHROS. DE JOSE NIRMO NIETO
3764LOUSAMEAMADOR CALVO
3776LOUSAMEMARIA ALFONSIN RODRIGUEZ
3784LOUSAMEJESUS ANDRES QUINTELA ROMERO
3786LOUSAMEMATILDE CABO CEDOFEITA
3793LOUSAMECARMEN TOBIO LORENZO
3784LOUSAMEJESUS ANDRES QUINTELA ROMERO
3786LOUSAMEMATILDE CABO CEDOFEITA
3793LOUSAMECARMEN TOBIO LORENZO
36197LOUSAMEMANUEL TOBIO IGLESIAS
36172LOUSAMECOMUNAL
36193LOUSAMEPILAR ROO CASTRO
36180LOUSAME
36192LOUSAMEMANUEL PAN MARIÑO
36185LOUSAME
36167LOUSAME
36191LOUSAMERAMON TOBIO IGLESIAS
36182LOUSAME
36190LOUSAMETERESA SAMPAYO TARRIO
36189LOUSAMEANDRES MOUNELOS CASTRO
36188LOUSAMEDOLORES MARTINEZ NIRMO
36187LOUSAMEDOMINGO RODRIGUEZ TOBIO
36186LOUSAMECOMUNAL
36178LOUSAMEJESUS FIGUEROA CEDOFEITO
36174LOUSAME
36179LOUSAMEHROS. DE MARIA ROO IGLESIAS
36166LOUSAME
36177LOUSAMECARMEN MIGUENS
36195LOUSAME
36196LOUSAME
36175LOUSAMEINOCENTE ROO CHOUSA
36165LOUSAMEMARIA SANPAYO TARRIO
36164LOUSAMEHROS. DE JOSE NIRMO NIETO
52-C77LOUSAMEANTONIO ROMERO VIÑA
52-C75LOUSAMEESCLAVITUD VARELA PICASSO
52-C74LOUSAMEJOSE VARELA PICASSO
52-C73LOUSAMERAMON GOMEZ FERNANDEZ
52-C72LOUSAMEFLORENTINA CHOUSA ROMARIZ
52-C71LOUSAMEFRANCISCO CASTRO IGLESIAS
52-C70LOUSAMEMARCELINO MARTINEZ CASTRO
52-C68LOUSAMEJOSE MARTINEZ TOBIO
52-C66LOUSAMECADARSO CAAMAÑO

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Hidroeléctrica del Arnoya, S.L.

Representante: Francisco Salazar Mitchell.

Enderezo: Avda. Arteixo, 8-6º Esq., 15004 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: A.H. no Río Vilacova.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.200 l/s.

Corrente de derivación: Vilacova ou Manle.

Tramo ocupado (cotas): 153-50 m.

Desnivel: 103 m.

Altura do azude: 6 m.

Potencia: 1.883 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 20 m (cota de coroación de 156 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo sendo a cota do limiar a 153 m, cunha lonxitude de vertido de 12 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes. O desaugadoiro de fondo sitúase na zona esquerda, xunto á tubería de toma.

A toma está somerxida e o arranque da tubería, similar o desaugadoiro de fondo, encóntrase no propio azude á cota de 151,5 m. Presenta unha reixa protectora para evita-lo paso de corpos estraños.

O acceso ó azude de toma efectuarase desde a estrada que cruza o río Vilacova, 150 m augas arriba do azude. Desde ese punto construirase un camiño ata o azude.

-Tubería de derivación.

A tubería de derivación esténdese enterrada pola marxe esquerda do río Vilacoba, ten unha lonxitude de 1.700 m construída en aceiro ó carbono e é de 1.300 mm de diámetro. Ó final dela situase a cheminea de equilibrio, cilíndrica e semienterrada.

-Tubería forzada.

A tubería de carga está unida directamente á de derivación e coa cheminea de equilibrio como dispositivo adicional antigolpe de ariete. Proxéctase cun diámetro de 1.100 mm de material aceiro ó carbono cunha lonxitude de 500 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 7 m x 9 m cunha estructura do edificio de formigón armado. O acceso efectuarase desde a aldea de Soutorredondo, e cómpre construír un camiño duns 300 m de lonxitude ata o edificio da central.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha curta canle de restitución duns 5 m de lonxitude, de aliñación recta. A cota de desaugamento é a 50 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 2,2 m/seg. e un salto de 96,93 m. cunha potencia nominal en eixe de 1.883 kW. O alternador é síncrono de 2.250 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 2.250 kVA e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24 - 1º dereita, 33004 Oviedo. Asturias.

Denominación do aproveitamento: C.H. Soutorredondo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 2.200 l/s.

Corrente de derivación: Vilacova ou Manle.

Tramo ocupado (cotas): 163-50 m.

Desnivel: 113 m.

Altura do azude: 6,5 m.

Potencia: 2.034 kW.

Térmo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 39,5 m (cota de coroación 166,50 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra á cota de 163 m, cunha lonxitude de vertido de 20 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no estribo esquerdo.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo e presenta comportas e reixa de grosos. A cámara de toma ten unha planta rectangular de 50 m de lonxitude cun escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1,3 m de diámetro, que discorre enterrada na marxe esquerda do río Vilacova, cunha lonxitude de 1.650 m.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40 m x 3 m e unha altura máxima de 4,5 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 0,9 m de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 432,4 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Vilacoba sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m, disposta en dous planos horizontais e situada próxima a Soutorredondo. A estructura do edificio é de formigón con cerramento en teitume de uralita e apoiado en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 50 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Pelton de eixe horizontal, de caudais 1,6 e 0,6 m/s e un salto de 108,76 m (potencia de 1.479 e 555 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que se indican a seguir xunto cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS

NaturezaConcelloNome e apelidos

T. CULTIVOLOUSAMEJ. CASAL CEREIJO
PASTOSLOUSAMEM. TOJO BLANCO
T. CULTIVOLOUSAMEA. VARELA MARTINEZ
M. BAJOLOUSAMEH. GARCIA CASTRO
PASTOSLOUSAMEVAZQUEZ DOMINGUEZ
T. LABORLOUSAMEI. EIRAS CHAVEZ
LOUSAMEMONTE PUBLICO

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Hidroener, S.A.

Enderezo: r/ Ribadeo, 2 entreplanta. Esq., 27002 Lugo.

Representante: Jesús Roibás Rodil.

Denominación do aproveitamento: C.H. San Martín de Lesende.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción enerxía eléctrica.

Caudal : 2.500 l/s.

Corrente de derivación: Vilacova ou Manle.

Tramo ocupado (cotas): 152,25-78,25 m.

Desnivel: 74 m.

Altura do azude: 3 m.

Potencia: 1.530 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Lousame (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 20 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo sendo a cota do limiar á 152,25 m, cunha lonxitude de vertido de 20 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes, as obras de toma e un desaugadoiro para deixar pasa-lo caudal ecolóxico.

A continuación da presa, na súa marxe esquerda, disponse un desareador cun vertedoiro. O acceso ó azude será desde a pista que comunica a estrada de Noia-Padrón co lugar de Lesende.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese pola marxe esquerda do río Vilacova, ten unha lonxitude de 1.150 m e discorre a media ladeira sobre unha plataforma de 3,5 m de largo. A sección é trapezoidal de base inferior 1,40 m, base superior 1,60 m e calado 1,3 m.

-Cámara de carga.

Situada ó final da canle está composta por desareador e unha arqueta de partida para a tubería forzada. O desareador ten unha largura máxima de 4 m, unha lonxitude duns 15 m e conta cun vertedoiro. O acceso á cámara de carga farase desde a estrada Noia-Padrón a través dun camiño.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1.100 mm, de chapa de aceiro cunha lonxitude de 225 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12,5 m x 27 m e 7,5 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado e o acceso realizarase pola pista que parte da estrada Noia-Padrón á altura de Soutorredondo.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha curta canle de restitución fabricado en formigón. A cota de desaugamento é a 78,25 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbina Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m. para 1,25 m/seg. e un salto de 71,4 m. (potencia de 800

kW cada unha); o xerador é asíncrono de 750 kW, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.

-Transformador de 2.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que de seguida se indican cos seus propietarios:

Concello de Lousame

Relación de propietarios afectados polo aproveitamento hidroeléctrico da central de San Martín de Lesende

PREDIOS PROPIETARIOS

Lugar Cultivo Nome e apelidos

SUB-SOBREIROPINARMANUEL PAN MARIÑO
SOUTULLOMONTE BAIXOCOMUNAL
RAPADIÑATOXEIRACARMEN MIGUEIROS (N.)
RAPADIÑATOXEIRACARMEN MIGUEIROS (N.)
SUB-SOBREIROPINARHDOS. DE MARÍA ROO IGLESIAS
SUB-SOBREIROPINARMARIA SAMPAYO ZARRIO
SUB-SOBREIROPINARHDOS. JOSÉ NIMO NIETO
SUB-SOBREIROPINARJOAQUÍN CEDOFERTO SISO
MUIÑO DE VERAMONTE BAIXOINOCENTE ROO CHOUSA
MUIÑO DE VERAMONTE BAIXOJESÚS FIGUEROA CEDOFERTO
MUIÑO DE VERATOXEIRACARMEN MIGUEIROS (N.)
MUIÑO DE VERATOXEIRAHDOS. MARÍA ROO IGLESIAS
MUIÑO DE VERATOXEIRAJESÚS FIGUEROA CEDOFERTO
RAPADIÑATOXEIRAPILARA ROO CASTRO
RAPADIÑATOXEIRARAMÓN TOBIO IGLESIAS
RAPADIÑATOXEIRACOMUNAL
RAPADIÑATOXEIRAJOSÉ SAMPAYO TARRIO
RAPADIÑATOXEIRADOMINGO RODRIGUEZ TOBIO
RAPADIÑATOXEIRADOLORES MARTINEZ NIMO
RAPADIÑATOXEIRAANDRES MONELOS CASTRO
RAPADIÑATOXEIRATERESA SAMPAYO TARRIO
RAPADIÑATOXEIRARAMÓN TOBIO IGLESIAS
RAPADIÑATOXEIRAMANUEL PAN MARIÑO
RAPADIÑATOXEIRAPILAR ROO CASTRO
PONTEGAITEIRATOXEIRAMANUEL TOBIO IGLESIAS
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. DE ANDRÉS CHOUZA SOMOZA
PONTEGAITEIRATOXEIRAJOSÉ MIGUENS CEDOFEITA
PONTEGAITEIRATOXEIRAJESÚS ANDRÉS QUINTELA ROMERO
PONTEGAITEIRATOXEIRANIEVES CASTRO TOBIO
PONTEGAITEIRATOXEIRAMATILDE CALVO CEDOFEITA
PONTEGAITEIRATOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. DE ANDRÉS CHOUZA GÓMEZ
PONTEGAITEIRATOXEIRAFRANCISCO CAO HOMBRE
PONTEGAITEIRATOXEIRAJULIO CAO (N.)
PONTEGAITEIRATOXEIRAFLORINDA LORENZO NIMO
PONTEGAITEIRATOXEIRAFRANCISCO VEIGA ANGUEIRA
PONTEGAITEIRATOXEIRACARMEN TOBIO LORENZO
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. DE RICARDO TOBIO CAO
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. DE JOSÉ NIMO NIETO
PONTEGAITEIRATOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
PONTEGAITEIRATOXEIRAJESÚS MARTINEZ IGLESIAS
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. DE JOSÉ SAMPAYO CASTAÑO
PONTEGAITEIRATOXEIRARAMIRO MIGUENS CALVO
PONTEGAITEIRATOXEIRACONSUELO TOBIO SAMPAYO
PONTEGAITEIRATOXEIRAMERCEDES TOBIO CAO
PONTEGAITEIRATOXEIRAISOLINA CAO TOBIO
PONTEGAITEIRATOXEIRANIEVES CALVO TOBIO
PONTEGAITEIRATOXEIRADEOLINDA CAO HOMBRE
PONTEGAITEIRATOXEIRASOLEDAD MARTINEZ (N.)
PONTEGAITEIRATOXEIRAJOSÉ FERNÁNDEZ VIDAL
PONTEGAITEIRATOXEIRAMARIA CALVO (N.)
PONTEGAITEIRATOXEIRAHDOS. CONSUELO FREIRE B.
PENISASTOXEIRATERESA VIDAL SENRA
PENISASTOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
PENISASTOXEIRAFLORINDA LORENZO NIMO
PENISASTOXEIRARAMIRO MIGUENS CALVO

PREDIOS PROPIETARIOS

Lugar Cultivo Nome e apelidos

PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GÓMEZ
PENISASTOXEIRANIEVES CALVO TOBIO
PENISASTOXEIRAJOSÉ FERNÁNDEZ VIDAL
PENISASTOXEIRAJOSÉ MIGUENS CEDOFEITA
PENISASTOXEIRAAMADOR CALVO CEDOFEITA
PENISASTOXEIRAFRANCISCO VEIGA ANGUEIRA
PENISASTOXEIRAJESÚS MARTINEZ IGLESIAS
PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS QUINTELA ROMERO
PENISASTOXEIRASOLEDAD MARTÍNEZ (N.)
PENISASTOXEIRAFRANCISCO CAO HOMBRE
PENISASTOXEIRAHDOS. CONSUELO FREIRE B.
PENISASTOXEIRAHDOS. JOSE NIMO PRIETO
PENISASTOXEIRAHDOS. JOSÉ SAMPAYO CASTAÑO
PENISASTOXEIRAMERCEDES TOBIO CAO
PENISASTOXEIRADINA TOBIO CALVO
PENISASTOXEIRAFLORENTINO IGLESIAS ROO
PENISASTOXEIRAMARÍA ALFONSÍN RODRÍGUEZ
PENISASTOXEIRAHDOS. RICARDO TOBIO CAO
PENISASTOXEIRAISOLINA CAO TOBIO
PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GOMEZ
PENISASTOXEIRAJULIO CAO (N.)
PENISASTOXEIRACONSUELO TOBÍO SAMPAYO
PENISASTOXEIRAJULIA CAO (N.)
PENISASTOXEIRAHDOS. RICARDO TOBIO CAO
PENISASTOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
PENISASTOXEIRATERESA VIDAL SENRA
PENISASTOXEIRAJOSÉ MIGUENS CEDOFEITA
PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS QUINTELA ROMERO
PENISASTOXEIRAJOSEFA VEIGA ANGUEIRA
PENISASTOXEIRAASUNCIÓN VEIGA ANGUEIRA
PENISASTOXEIRANIEVES CALVO TOBIO
PENISASTOXEIRA CONCEPCIÓN CALVO (N.)
PENISASTOXEIRADINA TOBÍO CALVO
PENISASTOXEIRAHDOS. DOMINGO SAMPAYO C.
PENISASTOXEIRAHDOS. CONSUELO FREIRE B.
PENISASTOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
PENISASTOXEIRAJOSÉ CAO ALFONSÍN
PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GÓMEZ
PENISASTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GÓMEZ
PENISASTOXEIRAJOSEFA CALVO CEDOFEITA
PENISASTOXEIRAJOSÉ FERNÁNDEZ VIDAL
PENISASTOXEIRA MERCEDES TOBÍO CAO
PENISASTOXEIRAJESÚS MARTÍNEZ IGLESIAS
PENISASTOXEIRAHDOS. JOSÉ NIMO NIETO
PENISASTOXEIRACONSUELO TOBÍO SAMPAYO
PENISASTOXEIRAISOLINA CAO TOBÍO
PENISASTOXEIRASOLEDAD MARTÍNEZ (N.)
PENISASTOXEIRAFLORENTINA LORENZO NIMO
PENISASTOXEIRAFRANCISCO CAO HOMBRE
PENISASTOXEIRARAMIRO MIGUENS CALVO
MOURALTOXEIRASOLEDAD MARTÍNEZ (N.)
MOURALTOXEIRAHDOS. ANDRÉS QUINTELA ROMERO
MOURALTOXEIRAJESÚS MARTÍNEZ IGLESIAS
MOURALTOXEIRAJOSÉ FERNÁNDEZ VIDAL
MOURALTOXEIRAJOSÉ MIGUENS CEDOFEITA
MOURALTOXEIRAFLORINDA LORENZO NIMO
MOURALTOXEIRAHDOS. JOSÉ SAMPAYO CASTAÑO
MOURALTOXEIRACONSUELO TOBÍO SAMPAYO
MOURALTOXEIRADEOLINDA CAO HOMBRE
MOURALTOXEIRAISOLINA CAO TOBÍO
MOURALTOXEIRAMARÍA CALVO (N.)
MOURALTOXEIRAFRANCISCO VEIGA ANGUEIRA
MOURALTOXEIRAHDOS. RICARDO TOBÍO CAO
MOURALTOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
MOURALTOXEIRAJOSEFA CALVO CEDOFEITA
MOURALTOXEIRADINA TOBÍO CALVO
MOURALTOXEIRAFLORENTINA IGLESIAS ROO
MOURALTOXEIRAHDOS. CONSUELO FREIRE B.
MOURALTOXEIRAJULIA CAO (N.)
MOURALTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GÓMEZ
MOURALTOXEIRAHDOS. JESÚS NIMO NIETO
MOURALTOXEIRAFRANCISCO CAO HOMBRE
MOURALTOXEIRAHDOS. ANDRÉS CHOUSA GÓMEZ
MOURALTOXEIRANIEVES TOBÍO ROMERO
MOURALTOXEIRAMERCEDES TOBÍO CAO
MOURALTOXEIRARAMIRO MIGUENS CALVO
MOURALTOXEIRAHDOS. JOSÉ NIMO NIETO
MOURALTOXEIRAGLORIA CADARSO CAAMAÑO
MOURALTOXEIRAALEJANDRO CADARSO CAAMAÑO

Relación de propietarios afectados pola liña eléctrica de conexión coa rede xeral

PREDIOS PROPIETARIOS

Lugar Cultivo Nome e apelidos

FONTANMONTE BAIXOANTONIO ROMERO VIÑA
FONTANMONTE BAIXOESCLAVITUD VARELA PICASSO
FONTANMONTE BAIXOJOSÉ VARELA PICASSO
FONTANMONTE BAIXORAMÓN GÓMEZ FERNÁNDEZ
FONTANMONTE BAIXOFLORENTINA CHOUSA ROMARIZ
FONTANMONTE BAIXOFRANCISCO CASTRO IGLESIAS
FONTANMONTE BAIXOMARCELINO MARTÍNEZ CASTRO
FONTANMONTE BAIXOJOSÉ MARTÍNEZ TOBÍO
FONTANMONTE BAIXOALEJANDRO CADARSO CAAMAÑO
FONTANMONTE BAIXOALEJANDRO CADARSO CAAMAÑO
FONTANMONTE BAIXOGLORIA CADARSO CAAMAÑO

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

6389