Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia consistente no control de calidade da obra de adquisición de 80 vivendas, garaxes e rochos en Ribadeo, Lugo. (Expediente LU-96/505).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 11 de xullo de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Norcontrol, S.A., por

un importe de seis millóns novecentas setenta e seis mil dezaséis (6.976.016) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5988