Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (485/1990 e tres máis).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo verbal civil que se segue neste xulgado co número 485/1990, 111/1991,

172/1991 e 374/1993-2, se dictou a sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 12 de abril de 1994, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil verbal seguido neste xulgado co número 485/1990, 111/1991, 172/1991 e 374/1993 acumulados, no que actuaron, no primeiro deles, como demandante, María Isabel López González, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido pola letrada Otilia Garrido Sánchez e, como demandados, Manuel Silva Iglesias, non comparecido nas actuacións, e Apolo Compañía Anónima de Seguros, da cal se desistiu, en reclamación de cantidade. O segundo procedemento séguese por demanda de Mª Sol Nieto Fontenla, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida do letrado José Santiago Pérez e, como demandados, Guadalupe Iglesias

Jiménez, José Luis López Lois e Manuel Silva Iglesias, non comparecidos nas actuacións, Apolo, S.A. de Seguros, da que se desistiu e Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido polo abogado de Estado en reclamación de cantidade. O terceiro procedemento seguiuse por instancia de José Luis López Souto, maior de idade e veciño de Santiago, representado polo procurador dos tribunais Julio Barreiro Fernández e asistido do letrado Miguel Ángel Fernández Rodríguez, contra Guadalupe Iglesias Jiménez e Manuel Silva Iglesias, non comparecidos nas actuacións, e contra a Compañía de Seguros Apolo, S.A., da cal se desistiu, e Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido polo avogado do Estado, en reclamación de cantidade. No cuarto e último procedemento actuaron, como demandante, María Isabel López González, das circunstancias e coa representación e defensa antes citadas e, como demandado, o Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido polo

avogado do Estado, en reclamación de cantidade.

Decido que, estimando parcialmente as demandas presentadas, debo condenar e condeno o Consorcio de Compensación de Seguros a que indemnice a María Isabel López González en 1.054.824 ptas., a Luis López Souto en 214.758 ptas, e a Mª Sol Nieto Fontenla en 3.378 ptas.; absólvese a Guadalupe Iglesias Jiménes, a José Luis López Lois e a Manuel Silva Iglesias das pretensións contra eles deducidas, sen se facer imposición das custas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización do recurso formulado conforme dispón o vixente artigo 733 LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado ilexible.

Así mesmo, no referido procedemento dictouse providencia con data do 19 de setembro de 1996, pola que se acorda notificar e dar traslado do recurso de apelación interposto pola parte demandante no xuízo verbal 111/1991 ás demais partes».

E para que conste e lle sirva de notificación da sentencia e de traslado do recurso de apelación polo prazo de cinco días para os efectos do artigo 74 da LAC, a José Luis López Lóis, declarado rebelde e en ignorado paradoiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto que selo e asino en Santiago de Compostela, 11 de junio de 1997.

A secretaria

Rubricado

5244