Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (31/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 31/1997, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, nos que foron denunciantes os axentes de policía nacional con carnés profesionais 44.067 e 63.703, e nos que aparece como parte denunciada Juan Carlos Caeiro Mosteiro, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Juan Carlos Caeiro Mosteiro, como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade do artigo 634 do Código Penal, á pena de 20 días de multa a razón de 1.000 ptas./día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Caeiro Mosteiro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

4952