Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 19 de agosto de 1997 Páx. 8.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (83/1996-09).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 83/1996, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o trece de marzo de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos os presentes autos de xuízo de faltas número 83/1996, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, a denunciante Manuela Brañas Martínez e o denunciado Antonio Vieites Suárez, do que constan en autos as circunstancias persoais. (Seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito). Decido que debo condenar e condeno a Antonio Vieites Suárez como autor dunha falta de malos tratos á pena de tres días de arresto menor, así como ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e notificación en forma a Manuela Brañas Martínez, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

6408