Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de xullo de 1997 pola que se autoriza a ampliación dunha granxa mariña, sita no lugar de Punta dos Remedios-Lira, termo municipal de Carnota (A Coruña), da que é titular Stolt Sea Farm.

Vista a solicitude e o proxecto presentados por Pablo García Rodríguez, en representación da empresa Stolt Sea Farm, con CIF nº A-28.682.987, para amplia-la granxa mariña dedicada ó engorde de rodaballo, situada en Carnota-A Coruña, da que é titular a citada empresa.

Examinado o proxecto de ampliación, elaborado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid en xaneiro do 1997 e demais documentación presentada.

Esta consellería, de acordo coa lexislación vixente, á vista dos informes obtidos e por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura,

RESOLVE:

Outorgarlle a Stolt Sea Farm autorización para ampliar, sobre unha superficie de 38.521 m, a granxa mariña dedicada ó engorde de rodaballo (Psetta maxima), autorizada por orde de 31-1-1990 DOG nº 33 do 15-2-1990, da que é titular por Orde do 25-11-1996 (DOG nº 253 do 30-12-1996), situada en Lira-Carnota (A Coruña).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A autorización leva consigo a construcción dunha nave para manipulación e servicios, así como 124 piscinas que incrementarán a producción

anual en 500 tm. e a superficie útil de cultivo en 12.569,44 m, coa seguinte distribución:

-Preengorde: 1.014,56 m.

Superficie útil de cultivo

20 piscinas de 6 m de diámetro565,40 m

20 piscinas de 5 m de diámetro392,60 m

8 piscinas de 3 m de diámetro56,56 m

-Engorde: 12.554,88 m

Superficie útil de cultivo

68 piscinas de 12,5 m x 12,5 m9.691,36 m

8 piscinas de 20 m x 20 m2.863,52 m

Superficie útil

1 nave para manipulación e servicios de 1.820 m

Segunda.-As obras e instalacións realizaranse de acordo co proxecto presentado, do que figura plano anexo a esta orde, e non suporá modificacións do dominio público marítimo terrestre inicialmente outorgado.

Terceira.-As obras, que poderán dar comenzo no momento en que se dispoña de tódalas autorizacións dos organismos competentes na materia, realizaranse no prazo máximo de 3 (tres) anos contados a partir

da publicación da presente orde. Da súa finalización darase conta a delegación territorial desta consellería na Coruña, para a súa inspección e elaboración do correspondente informe.

Cuarta.-As instalacións cumprirán o disposto no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e de acuicultura. Así mesmo, ó establecemento seralle de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e disposicións legais concordantes.

Quinta.-O outorgamento desta autorización non exime al titular da obtención das licencias ou otras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6264