Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Xestosa ou Xanceda, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A27.2129 (17/038/22).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Xanceda ou Xestosa, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo constar, se é o caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do Real decreto 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito Real decreto 916/1985 segundo a redacción establecida polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave

do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde

facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio tamén será obxecto de inserción no BOP de Lugo e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol (Lugo).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Industria e Comercio: r/ Pascual Veiga, 12 e 14, 27002 Lugo.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Lugo. r/ de Santo Domingo, 5-6ª planta, 27001 Lugo.

* Concello de Ourol. Estrada Xeral, s/n, 27865 Ourol, Lugo

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Aguas de Galicia

ANEXO

RELACIÓN DE PETICIONARIOS

-Peticionario e promotor: Hidroener, S.A.

Enderezo: r/ Ribadeo, 2 Entepl. Esq., 27002 Lugo.

Representante: Jesús Roibás Rodil.

Denominación do aproveitamento: Central de Curras

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 1.500 l/s.

Corrente de derivación: Xestosa ou Xanceda

Tramo ocupado (cotas): 338,5-231 m.

Desnivel: 107,5 m.

Altura do azude: 2,75 m.

Potencia: 1.317 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 16 m. Presenta un vertedoiro de perfil de labio fixo, co limiar na cota de 338,5 m, cunha lonxitude de vertido de 16 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes, as obras de toma e unha tubería de desaugamento do caudal ecolóxico.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo presenta unha sección de control e un desareador de planta rectangular e dimensións indefinidas, que dispón dun vertedoiro lateral.

O acceso ó azude farase a través do camiño existente, que parte da estrada que comunica os lugares de Viveiro co Carme, á altura de Vilachá, comunicando o dito camiño Vilachá con Cernado, e cruzando ó río Xanceda mediante unha ponte existente.

-Tubería de derivación.

A tubería de derivación esténdese na marxe esquerda do río Xanceda. Ten unha lonxitude de 1.310 m e discorre a media ladeira, realizándose con tubos de formigón prefabricado de 1.300 mm de diámetro interior. A auga discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións aproximadas en planta de 15 m x 4 m e unha altura máxima de caixeiros duns 3 m, está descuberta e conecta directamente coa tubería de carga.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 800 mm de aceiro ó carbono cunha lonxitude de 250 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Xanceda.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 12 m x 21 m e 7,5 m de altura, sendo a estructura do edificio de formigón armado. O acceso á central prevese desde a pista que enlaza o lugar de Souto Alto coa C-640, construíndo un novo tramo e mellorando o camiño existente.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución dun 20 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha largura de 2 m. A cota de desaugamento é aproximadamente de 231 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 1.500 r.p.m para 0,75 m/s e un salto de 104,74 m, (686 kW de potencia); os alternadores son asíncronos de 650 kW, 6 kV de tensión e 1.500 r.p.m.

-Transformador de 1.600 kVA relación de transformación 20.000/6.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS

PolígonoNº Parce.ConcelloNome e apelidos

16031AOUROLVICENTA JOSEFA ARIAS SAMPEDRO
16024OUROLVIZA VAZQUEZ CASTELO +2
16031BOUROLVICENTA JOSEFA ARIAS SAMPEDRO
16025COUROLVIZA VAZQUEZ CASTELO +2
16025AOUROL
16025BOUROL
16026OUROLANTONIO ANEJO CORTIÑAS
16027OUROLCANDIDO RUA PICOS
16029OUROLTOMAS MARCELINO RODRIGUEZ LARA
16031FOUROLVICENTA JOSEFA ARIAS SAMPEDRO
16033BOUROLVICENTA OLIVA SAMPEDRO LADRA
16035OUROLLIDIA VAZQUEZ RIVERA
16036OUROLLUCIANO PERNAS RAMOS
16037OUROLMARIA TEIJEIRO RAMOS
159248BOUROLCANDIDO RUA PICOS
159254OUROLDESCOÑECIDO
159253OUROLMª HERMINIA FERNÁNDEZ GÓMEZ
159250OUROLDESCOÑECIDO
159252BOUROLDESCOÑECIDO
159253OUROLDESCOÑECIDO
159258OUROLJOSE FERNANDEZ GOMEZ
159268OUROLARISTIDES CAMPO LAGAR
159267OUROLDESCOÑECIDO
156266OUROLDESCOÑECIDO
159265OUROLCALRLOS REY BALSEIRO
159271OUROLMANUELA RODRIGUEZ BARRO
159281AOUROLRAMON VILA VAZQUEZ
159277OUROLDESCOÑECIDO
159190COUROLDESCOÑECIDO
159190BOUROLDESCOÑECIDO
159165OUROLDESCOÑECIDO
1581OUROLCARLOS REY BALSEIRO
1584OUROLEULOGIA PARDO FERNANDEZ
1586OUROLJESUS CAO GOMEZ
1589OUROL
15812OUROLMARINA VAZQUEZ CAO
15816OUROLLAURA CAO HERMIDA
15819OUROLJESUS M. REDONDO GOMEZ
15818OUROLMARGARITA CARRERA PARDO
15833OUROLRAMON HERMIDA DIAZ
15834OUROLMARINA VAZQUEZ CAO
15835OUROLEULOGIA PARDO FDEZ.
15832OUROLLIDIA VAZQUEZ RIVERA

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Norvento, S.L.

Enderezo: r/ Ribadeo, 2 Entrepl. Esq., 27002 Lugo.

Representante: Marta Fernández Castro.

Denominación do aproveitamento: A. H. Minicentral de Xanceda.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 1.550 l/s.

Corrente de derivación: Xestosa ou Xanceda.

Tramo ocupado (cotas): 338,5-207,6 m.

Desnivel: 130,9 m.

Altura do azude: 6,1 m.

Potencia: 1.774 kW.

Térmo municipal onde se situa a toma e demais obras: concello de Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 21,5 m (cota de coroación 341,6 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager do cal o labio encóntrase a cota 338,50 m, cunha lonxitude de vertido de 14 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo unha escala para peixes, un desaugadoiro de fondo e a obra de toma.

O acceso ó azude realizarase utilizando a pista que accede ás casas de Vilachá, realizando a súa prolongación ata o azude proxectado.

A obra de toma sitúase transversalmente no seu estribo esquerdo mediante un orificio circular. A cámara de sedimentación consiste nun cilindro de 1,5 m de diámetro e 15 m de lonxitude.

-Conducción de derivación.

A tubería de derivación que discorre enterrada pola marxe esquerda é de fibrocemento de 1.100 mm de diámetro e ten unha lonxitude de 1.960 m. O final dela conflúe cunha cheminea de equilibrio e coa tubería forzada.

-Tubería forzada.

A tubería de carga de aceiro proxéctase cun diámetro de 1.100 mm e cunha lonxitude de 520 m. Discorre enterrada nunha gabia e con diversas ancoraxes de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 11 m x 20,7 m e 6,5 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde o lugar de Soutochao, realizando un trazado de nova apertura ata a central.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 10 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 2 m de largo e 3 m de altura, recuberto e construído en formigón. A cota de desaugamento é de 207,6 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por cadansúa turbina Francis de eixe horizontal, 1500 r.p.m. para 0,775 m/s e un salto de 126,74 m (potencia de 887 kW); o xerador é síncrono de 1000 kVA, 6 kV de tensión e 1500 r.p.m.

-Transformador de 2.000 kVA e elevación de 6 kV a 20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:

PREDIOSPROPIETARIOS

PolígonoNº Parce.ConcelloNome e apelidos

159161OUROLOVIDIO DOMINGO DIAZ BELLO
325OUROL
159160OUROLJOSE ANTONIO BELLO LADRA +4
159336OUROL
159329OUROLMª YOLANDA GUERREIRO FERNANDEZ
159328OUROL
159327OUROLVICENTE REDONDO GOMEZ
159170OUROLMANUEL JOSE DIAZ BELLO
159316OUROLRICARDO BOUZA CAO
159315OUROLMANUELA RODRIGUEZ CAO
159293OUROLRAMON VILA VAZQUEZ
159295OUROL
159281aOUROL
159256OUROL
159294OUROLCANDIDO RUA PICOS
159248bOUROL
16027OUROL
16027OUROL
159296OUROLEMMA LOPEZ BALSEIRO
159297OUROLMª JOSEFA MOSQUERA MARTINEZ
159291OUROLMANUELA RODRIGUEZ BARRO
159269OUROL
159271OUROL
159287OUROLRAMON EVELIO GUERREIRO FERNANDEZ
159278OUROLJOSE MANUEL ARIAS SAMPEDRO
159277OUROLDESCOÑECIDO
159254OUROLDESCOÑECIDO
159253OUROLMª HERMINIA FERNANDEZ GOMEZ
159255OUROLCELIA PICOS CASTRO
159258OUROLJOSE FERNANDEZ GOMEZ
159257OUROLMª VICENTA JOSEFA ARIAS SAMPEDRO
159266OUROL
16031aOUROL
16031bOUROL
16031fOUROL
159268OUROLARISTIDES CAMPO LAGAR
159265OUROLCARLOS REY BALSEIRO
1581OUROLEULOGIA PARDO FERNANDEZ
15831OUROL
15832OUROL
15862OUROL
158103OUROL+1
1584OUROLMANUEL RIBERA CABEZA
1586OUROLMª JESUSA CAO GOMEZ
15830OUROL
1589OUROLMARINA VAZQUEZ CAO
158105OUROL
15812OUROLLAURA CAO HERMIDA
15816OUROLJESUS MARIANO REDONDO GOMEZ
15819OUROLMARGARITA CARRERA PARDO
15835OUROLLIDIA VAZQUEZ RIVERA
15861OUROLGUSTAVO PARDO GUERREIRO
158104OUROLJUAN JOSE CHAO YAÑEZ
16024OUROLAZUCENA FRANCO VAZQUEZ
16025aOUROLMª VIZA VAZQUEZ CASTELO + 2

PREDIOSPROPIETARIOS

PolígonoNº Parce.ConcelloNome e apelidos

16025bOUROL
16025cOUROL
16026OUROLANTONIO ANEJO CORTIÑAS
16028OUROLTOMAS MARCELINO RODRIGUEZ LADRA
16033bOUROLMª VICENTA OLIVA SAMPEDRO LADRA
16035OUROLDESCOÑECIDO
16036OUROLLUCIANO PERNAS RAMOS
16037OUROLMARIA TEIJEIRO RAMOS

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: concello de Ourol.

Enderezo: Estrada Xeral, s/n, 27865 Ourol, Lugo.

Representante: alcalde-presidente do Concello.

Denominación do aproveitamento: A.H. no río Xanceda.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción enerxía eléctrica.

Caudal : 1.800 l/s (río Xestosa e regato Campo do Seixo).

Corrente de derivación: Xestosa ou Xanceda e Campo do Seixo.

Tramo ocupado (cotas): 393-230 m (río Xestosa), 396-confluencia co río Xestosa (A. Campo do Seixo).

Desnivel: 163 m (río Xestosa).

Altura dos azudes: 5 m.

Potencia: 2.410 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: Concello de Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azudes de derivación e obra de toma.

Neste aproveitamento hidroeléctrico defínense dous azudes de toma: un ubicado no río Campo do Seixo e outro no Xestosa. Ámbolos azudes de derivación son de tipo gravidade cunha altura máxima de 5 m e unha lonxitude de coroación aproximada de 20 m (cota de coroación de 395 m no azude de Xanceda e de 398 m no río Campo do Seixo). Presentan cadanseu vertedoiro de labio fixo, que se encontra nas cotas de 393 e de 396 m respectivamente, cunha lonxitude de vertido de 12 m. Os azudes de derivación teñen unha planta recta e sitúanse transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes. O desaugadoiro de fondo sitúase nos azudes na zona esquerda, xunto á tubería de toma.

A toma está somerxida encontrándose a arrincada da tubería no propio azude e presentando ámbalas tomas unha reixa protectora para evita-lo paso de corpos estraños.

O acceso ó azude proxéctase mediante o acondicionamento dun carreiro existente que parte dunha pista que une a estrada 640 coas aldeas de Penabade, Fraguella, etc. e que chega ata as inmediacións do azude de toma do Xestosa. Para acceder ó azude do río Campo do Seixo continuarase pola traza da tubería deste azude ó do río Xestosa.

-Tubería de derivación.

Existen dúas tuberías de derivación, a primeira une o azude do río Campo do Seixo co azude do Xestosa,

transvasando auga do primeiro ó segundo. Ten unha lonxitude de 180 m, un diámetro de 600 mm e 5 mm de espesura. A segunda une a toma do azude do Xestosa coa tubería forzada. Ten 2.100 m de lonxitude, un diámetro de 1.100 mm e 6 mm de espesura. Ambas se estenden enterradas pola ladeira esquerda dos ríos.

-Tubería forzada.

A tubería de carga está unida directamente á de derivación, e proxéctase cun diámetro de 1000 mm de aceiro ó carbono cunha lonxitude de 400 m.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 10 m x 12,5 m, aproximadamente na cota 232 m. A estructura do edificio é de formigón armado e o acceso efectuarase a través dun camiño de nova construcción de 3,5 m de largo e uns 900 m de lonxitude, que partirá da ponte que cruza o Xanceda á altura de Soutochao.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha curta canle de restitución duns 5 m de lonxitude, de aliñación recta. A cota de desaugamento é de 230 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Pelton de catro inxectores de eixe vertical, 500 r.p.m. e unha potencia nominal en eixe de 2.410 kW. O alternador é síncrono de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 500 r.p.m.

-Transformador de 2.500 kVA e elevación de 6 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

1916