Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1997 pola que se modifica o prego de prescricións administrativas do concurso público, polo procedemento aberto, convocado por Resolución do 19 de xuño do 1997 para a contratación do control de calidade da obra de construcción e urbanización de 50 vivendas en Sada, provincia da Coruña. (Expediente C-97/020).

Detectado no cadro resumo do prego tipo de cláusulas administrativas do concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do control de calidade da obra de construcción e urbanización de 50 vivendas en Sada, provincia da Coruña, expediente C-97/020, convocada por resolución do 19

de xuño de 1997, erro substancial no que atinxe á referencia de garantía provisional,

RESOLVO:

Modifica-lo prego de cláusulas administrativas para indica-la especificación correcta no que atinxe ó parágrafo H do seu cadro resumo en referencia á garantía provisional da licitación, xa que onde di: «dispensada», debe dicir: «87.071 pesetas».

Os prazos correspondentes para a presentación de ofertas e apertura destas serán os indicados na Resolución do 19 de xuño de 1997, publicada no DOG nº 130, do 8 de xullo, entendéndose que contarán a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

José Antonio Redondo López.

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5947