Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Téc
nico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Díaz nº 2.
Cultivo: mexillón.
Localización: Cangas A, Cuad. 5.
Data da concesión: 13-12-1967.
Data do remate da última prórroga: 25-12-1997.
Anterior concesionario: José Díaz del Río e Mª del Carmen Herbello Bermúdez.
Novo titular da concesión: Mª del Carmen Herbello Bermúdez, José Carlos, Rosa Mª, Julio, Luis Miguel e Mª del Carmen Díaz Herbello.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 23 de xuño de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
José Manuel Gaberias Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
6117