Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO.

Posto de traballo: administrativo de Administración Xeral. Funcionario. Concurso oposición.

En cumprimento do acordo plenario de 30 de abril do presente ano, que trae causa da oferta de emprego público de 1994; en cumprimento do establecido no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establece a normativa básica e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración local e demais procedemento de selección dos funcionarios de Administración local e demais lexislación aplicable: texto refundido de disposicións legais vixentes de réxime local e LBRL; o Concello de Lousame fai públicas as seguintes bases:

1ª Configuración do posto de traballo: o posto de traballo encádrase na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, con nivel de complemento de destino 20, cos complementos

e retribucións que corresponden e que a corporación ten fixado para o presente exercicio, como funcionario.

2ª Funcións específicas e preferentes: o posto de traballo configúrase con funcións preferentes de xestión económico-financeira, orzamentaria e contable con coñecementos de informática polo sistema informático GIALIX (Sistema Integrado de Administración local en UNIXI, como encargado da área. 3. Negociados: a) Contabilidade e orzamentos; b) Xestión tributaria; c) Tesourería e finanzas.

3ª Sistema de selección: en aplicación do disposto no artigo 2 do Real decreto 896/1991 en canto establece que «... salvo pola natureza das prazas ou funcións que se van desempeñar sexa máis axeitado o concurso oposición ou concurso»; o sistema de selección aprobado é o concurso-oposición.

4ª Condicións dos aspirantes: a) Ser maior de idade. b) Estar en posesión do título de bacharelato superior, FP 2º grao ou equivalente, considerándose tal ter aprobado as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. c) Non estar incurso en causas de incapacidade das sinaladas no artigo 36 do Reg. de funcionarios de Administración local e incompatibilidades da Lei 53/1994. d) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das súas funcións. e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario firme do servicio do Estado, C. Autónoma e Administración local nin acharse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme. Condicións todas referidas á data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

5ª Instancias e xustificantes de méritos: a) Instancias (sobre «A»). Os aspirantes presentarán instancia, solicitando tomar parte no concurso-oposición, declarando e probando documentalmente se é o caso, reunir todas e cada unha das condicións establecidas na base 4ª desta convocatoria. deberán dirixirse ó alcalde-presidente do concello. Xunto coa instancia, os aspirantes achegarán xustificante de ingreso dos dereitos de exame que se fixan en 3.500 ptas. Esta cantidade unicamente se reintegrará no suposto de exclusión do concurso-oposición. Anexo I. b) Méritos (sobre «B»). Os aspirantes presentarán en sobre «B», Méritos, os xustificantes dos méritos alegados para a fase de concurso, mediante documentos orixinais ou copias compulsadas.

6ª Prazo de presentación de instancias e méritos: as instancias, sobre «A» e méritos, sobre «B», presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de vinte (20) días naturais seguintes ó de publicación do extracto desta convocatoria no BOE, en días hábiles de 9 a 14 horas, ou ben, na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992.

7ª Relación de admitidos: rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente aprobará a relación provisional de admitidos e excluídos, especificando as causas de exclusión.

Esta relación publicarase no BOP e taboleiro de edictos do concello, habilitándose prazo de 15 días naturais para reclamacións, que serán estimadas ou denegadas por resolución da alcaldía. De non se produciren reclamacións, a relación provisional de admitidos, devirá definitiva.

8ª Tribunal de avaliación e calificación: o tribunal estará formado por seis (6) membros dos que, alomenos tres (3), serán especialistas na materia e funcións preferentes do posto de traballo, tendo un carácter predominantemente técnico: presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue. 1ª vocal: concelleiro, nomeado polo pleno. 2º vocal: funcionario de Administración local, nomeado pola alcaldía. 3º vocal: secretario interventor, nomeado pola alcaldía. 4º vocal: representante da Xunta de Galicia, nomeado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública. Secretario: o do concello ou funcionario en qué delegue, actuando con voz e sen voto. Tódolos titulares terán os seus suplentes, a súa composición concreta farase pública no BOP e no taboleiro de edictos do concello. Non poderá constituirse nin actuar, sen estaren presentes, cando menos, tres membros titulares ou suplentes, dos que non poden faltar presidente e secretario, estando sometidos ás causas de

incompatibilidade e escusas que a vixente lexislación establece.

9ª Inicio das probas: as probas iniciaranse unha vez publicada a relación definitiva de admitidos. Lugar, día e hora publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello nos quince (15) días naturais de antelación. Desde o remate dunha proba e a celebración doutra, haberá de transcorrer, cando menos, 48 h. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio e chamamento único, que se publicará no taboleiro de edictos do concello.

10ª. Desenvolvemento do proceso selectivo:

I) Fase de concurso, sobre «B». Méritos: a) Experiencia: * Por cada semestre completo de servicios prestados na Administración local, realizando tarefas de xestión contable municipal polo sistema informático GIALIX (Sistema integrado de Administración local en Unix-0,5 ptos. * Por cada semestre completo de servicios prestados en calquera Administración pública, desenvolvendo tarefas de xestión e contabilidade-0,10 ptos. Unicamente se valorarán os cinco últimos anos anteriores ó penúltimo día de presentación de instancias. A prestación de servicios acreditarase documentalmente por certificación expedida por secretaría, habilitado ou copia compulsada de contrato de traballo. b) Cursos recibidos: * por cada curso realizado polo concursante-opositor de duración igual ou superior a 200 h., relativo ó sistema informático GIALIX-0,20 ptos. Deberá xustificarse mediante diploma ou certificado expedido pola Deputación Provincial da Coruña ou empresa á que o citado organismo tivo adxudicada a

xestión da citada formación. * Por cada curso realizado polo concursante-opositor de duración inferior a 200 h. relativo a materia informática., organizada

pola Ad. local-0,10 tos. Deberá xustificarse mediante diploma ou certificación expedida por secretaría ou habilitado. * Por cursos sobre materia de Administración local de duración igual ou superior a 20 h. organizados pola Egap, universidade ou organismo oficial xustificados mediante diploma ou certificación-0,25 ptos. c) Cursos impartidos: * Por cada curso impartido polo concursante-opositor de duración igual ou superior a 200 h, relativo ó sistema informático GIALIX-5,00 ptos. Deberá xustificarse mediante diploma ou certificado expedido pola Deputación Provincial da Coruña ou empresa a que o citado organismo tivo adxudicada a xestión da citada formación. * Por cada curso impartido polo concursante-opositor de duración superior a 200 h, relativo a materia informática, organizados pola Administración local xustificando mediante certificación de secretaría ou habilitado. 1,00 ptos. Por cada curso impartido polo concursante-opositor de duración inferior ata 200 h, relativo a materia

informática, organizados pola Administración local xustificado mediante certificación de secretaria ou habilitado-0,25 ptos. d) Coñecemento do galego: * Por curso de iniciación xustificado mediante diploma ou certificación expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística-0,50 ptos. * Por curso de perfeccionamento xustificado mediante diploma ou certificación expedido pola D.X. de Política Lingüística-1,00 ptos. Unicamente se valorará o curso de máis puntuación. O Tribunal, na súa función avaliadora, reunirase para avaliación dos méritos alegados. As decisións adoptaranse, en principio, por consenso e, de non acadarse, pola media aritmética, se é do caso, ostentando a presidencia e facultade de aplicación do voto de calidade. A puntuación de méritos acadados na fase de concurso publicarase no taboleiro de edictos do concello en non terá carácter eliminatorio.

II) Fase de oposición: a) Temario. Proba teórica. O temario da fase de oposición anexo II, en cumprimento do establecido no artigo 8 do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, está formado por corenta (40) temas, dos que os 2/5 son de carácter xeral ou comúns (16 temas) e o resto, 3/5, de carácter específico (24 temas). A proba consistirá en contestar por escrito corenta (40) preguntas tipo test referentes tanto ás materias de carácter xeral ou comúns, coma as de carácter específico, sendo 16 de carácter xeral e 24 de temas específicos, con respostas alternativas, en prazo dunha (1) hora. Garántese o anonimato dos exercicios, en cumprimento do disposto no artigo 4º c) do Real decreto 896/1991. Os concursantes-opositores que non comparecen, serán excluídos, salvo casos de forza maior grave, apreciados polo tribunal. A proba terá carácter eliminatorio, sendo necesario contestar correctamente oito (8) cuestións de carácter xeral 1ª parte, e doce (12) de carácter específico, 2ª parte. b)

Entrevista curricular. (Art. 4c) do Real decreto 896/1991). Os concursantes-opositores que superen a proba teórica realizarán entrevista curricular co tribunal. Ver

sará sobre os seus méritos e experiencia. Xuízo sobre o sistema actual de contabilidade da Administración local Proles e contras. Suxestións para unha boa xestión financeiro-contable local. Puntuarase de 0 a 5 puntos.

11ª Cualificación final e proposta de nomeamento. Toma de posesión. Rematada a fase de oposición, o tribunal sumará as puntuacións obtidas en ámbalas dúas fases I e II e proporá á alcaldía o nomeamento coma funcionario dos concursante-opositor que acade maior puntuación, unha vez elaborada a lista de aprobados por orde de puntuación. En caso de empate, a proposta de nomeamento recaerá no aspirante que acade maior puntuación na fase de concurso; de presisti-lo empate, decidirá a meirande puntuación da fase de oposición e finalmente, ó chou. O alcalde-presidente efectuará nomeamento en favor do concursante-opositor proposto, quen deberá presenta-la documentación e tomar posesión en prazo de cinco (5) días hábiles seguintes á notificación oficial.

12ª Incidencias. A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas, así como da actuación do tribunal, poderán impugnarse polos interesados nos casos e na forma establecidos no artigo 14 do Real decreto 364/1995: 102 e ss. da Lei 30/1992. O tribunal está facultado para solventa-las dúbidas que puidesen presentarse e adopta-los criterios, medidas necesarias e resolucións conducentes á boa orde e desenvolvemento do concurso-oposición, nos aspectos non expresamente establecidos nas presentes bases.

ANEXO I

Modelo de instancia

Don/Dona... provisto de DNI nº... con domicilio en... para efecto de notificacións, localidade..., provincia..., teléfono..., expoño que informado/a da convocatoria publicada por ese concello no BOE nº... solicito tomar parte no concurso-oposición para administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal. que reúno todas e cada unha das condicións esixidas; que coñezo e acepto as bases da convocatoria; que aporto xustificante do pagamento dos dereitos de exame e fotocopia do DNI. Solicito ser admitido/a e tomar parte no concurso-oposición para a praza indicada. En... a... de 1997.

ANEXO II

1ª parte

Tema 1. As diversas constitucións españolas. A Constitución de 1978. Organización territorial do Estado. Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Tema 3. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes de dereito administrativo. Tema 4. A lei e os regulamentos. Tema 5. Referencia histórica ás diversas leis de réxime local. Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local. Tema 6. Regu-

lamentos de réxime local. Tema 7. Lei de réxime xurídico das Administración públicas e do procedemento administrativo común. Tema 8. Os recursos administrativos. Reclamacións económico-administrativas. Tema 9. Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. Tema 10. Intervención da Administración na propiedade privada. Lei e Reg. de expropiación forzosa. Tema 11. Ordenanzas, regulamentos e bandos na Administración local. Tema 12. Bens e patrimonio das entidades locais. Re. de bens das entidades locais. Tema 13. Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. Tema 14. Lei 39/1988, reguladora das facendas locais. Tema 15. A función pública local. Tema 16. O administrado. Participación cidadá. Principio de audiencia do interesado.

2ª parte

Tema 1. Lei xeral orzamentaria e os seus principios. Tema 2. Lei xeral tributaria. Principios. Tema 3. Ingreso das entidades locais. Tema 4. Participación en tributos do Estado. Tema 5. Taxas e prezos públicos. Concepto e diferencias. Tema 6. Impostos directos. Enumeración e clases. Tema 7. Impostos indirectos. Tema 8. O I.B.I. Tema 9. O I.A.E. Tema 10. As subvencións. Concepto. Clases. Tema 11. As constribucións especiais. Tema 12. Financiamento externo. Créditos. Límites. Tema 13. Cálculo da carga financeira. Tema 14. Gastos público local. Concepto. Clases e fases. Tema 15. Orzamento local I. Concepto e estructura. Regulación. Tema 16. Orzamento local II. Elaboración, tramitación e aprobación. Tema 17. Orzamento local III. Prórroga. Modificación de crédito. Tema 18. Orzamento IV: xestión do orzamento de gastos. Fases. Órganos competentes. Tema 19. A instrucción de contabilidade para entidades de menos de 5.000 habitantes. Orde do Ministerio de Economía e Facenda do 17 de xullo de

1990. Tema 20. Libros de contabilidade. Clases e estructura. Tema 21. Liquidación do orzamento de gastos. Ídem de ingresos. Tema 22. Conta xeral do orzamento. Elaboración, tramitación e aprobación. Tema 23. Dación de conta e información da xestión orzamentaria. O Consello de Contas. O Tribunal de Contas. Administración autonómica e central. Tema 24. Control e fiscalización interna e externa. As auditorías.

Lousame, 7 de maio de 1997. José Ramón Vidal Castelo. Alcalde.

Oferta de emprego público 1996. Posto de traballo: alguacil-porteiro. En cumprimento do acordo plenario do 25 de outubro de 1996 e en aplicación do Real decreto 898/1991, do 7 de xuño, polo que se establece a regulación de programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de persoal ó servicio das corporacións locais e demais lexislación aplicable, especificamente, Real decreto 364/1996, do 10 de marzo, publícanse as seguintes bases:

1ª Posto de traballo: o Concello de Lousame convoca concurso-oposición para cubrir unha (1) praza

de alguacil-porteiro, encadrada na subescala de subalternos, como funcionario, grupo E, CD nivel 14, coas funcións, a título enunciativo, seguintes: a) Mensaxería interna/externa. b) Información o público s/ dependencias municipais e xestións elementais. c) Atención ó teléfono/fax. d) Apoio en actos protocolarios/acompañamento en actos públicos e institucionais. e) vixilancia e custodia de edificios, apertura e peche. f) Clasificación de documentación e posterior distribución por áreas e negociados. g) Arquivo histórico e vivo. h) Pequenos traballos mecanográficos, introducción de datos en ordenador, ensobrado, encarpetado e punteo de relacións e inventarios. i) Rexistro de entrada e saída de documentos. j) Notificacións, avisos, correo. k) Funcións residuais do traballo administrativo. Adscrición: subárea 1. Conserxería.

2ª Condicións dos aspirantes: a) Titulación: FP 1ª G ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data de remate de presentación de instancias. b) Estar en posesión do permiso de conducir B-1. c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das funcións do posto de traballo. d) Non estar incurso en causas de incapacidade sinaladas no artigo 36 do Regulamento de funcionarios de Administración local; nin incompatibilidades establecidas na Lei 53/1984. e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario firme do servicio ó Estado, C.A. ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio da función pública por sentencia firme.

3ª Instancias e xustificantes de méritos: a) Instancias (sobre «A»). Os aspirantes presentarán instancia solicitando tomar parte no concurso-oposición, declarando e probando documentalmente que reúnen todas e cada unha das condicións establecidas na base 2ª. Deberán ir dirixidas ó alcalde-presidente o concello. Xunto coa instancia, os aspirantes achegarán xustificante de ingreso dos dereitos de exame que fixan en 3.000 ptas. Esta cantidade unicamente será reintegrada no suposto de ser excluido do concurso-oposición. Anexo I. b) Méritos (sobre «B»). Os aspirantes presentarán en sobre «B» os xustificantes dos méritos alegados para a fase de concurso, mediante documento orixinal ou copia compulsada.

4ª Prazo de presentación: as instancias, sobre «A» e méritos, sobre «B» presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de vinte (20) días naturais seguinte ó de publicación do extracto desta convocatoria no BOE en días hábiles de 9 a 14 horas; ou ben, na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992.

5ª Relación de admitidos: rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde-presidente da corporación aprobará a relación provisional de admitidos e excluídos, especificando os motivos de exclusión, neste suposto. Esta relación publicarase no

BOP e no taboleiro de edictos do concello, habilitándose o prazo de quince (15) días hábiles para reclamacións, que serán aceptadas ou denegadas por resolución da alcaldía. De non se presentar reclamacións a relación provisional de admitidos, devirá definitiva.

6ª Tribunal de avaliación e calificación: o tribunal estará composto da seguinte forma; segundo acordo plenario. Presidente: o da corporación e suplente o 1º Tte. de alcalde. Vocais: 2 concelleiros nomeados polo pleno cos seus suplentes. 1 funcionario de Ad. local, nomeado pola alcaldía co seu suplente. 1 representante da Xunta de Galicia co seu suplente, nomeado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública. Secretario: o da corporación ou funcionario que o substitúa, actuando con voz e sen voto. O tribunal poderá asesorarse por medio de técnicos en materias que o requiran. A designación concreta dos membros do tribunal farase pública no BOP e no taboleiro de edictos do concello. Non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, alomenos, tres membros, titulares ou suplentes, entre os que non poden faltar, presidente e secretario.

7ª Inicio das probas: as probas iniciaranse unha vez publicada a lista definitiva de admitidos. O lugar, día e hora de inicio, publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello con quince (15) días naturais de antelación. Desde o remate dunha proba e a celebración doutra, haberá de transcorrer, cando menos, 48 h. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento que se publicará no taboleiro de edictos do concello.

8ª Desenvolvemento das probas: sistema de puntuación: A) Fase de concurso. Méritos 40% da parte teórica: 1. Titulación superior á esixida-2,00 puntos. Valorarase unicamente a titulación superior: FP2/equivalente-0,50 puntos. Bacharelato-1 punto. Téc. grao medio-1,50 puntos. Licenciado-2,00 puntos. 2. Experiencia profesional previa na Administración ou empresa privada, en relación a cometidos ou funcións similares, debendo xustificalo documentalmente con contrato de traballo e TC1/TC2-4,00 puntos. Por seis meses de prestación de servicios-0,50 puntos. Por cada ano de prestación de servicios-1,00 puntos. 3. Iniciación á informática-2,00 puntos. Cada curso de 40 h.-0,50 puntos. cada curso de 100 h. ou máis-1,00 puntos. 4. Entrevista persoal s/ coñecemento do concello e funcionamento da Administración local de Lousame-4,00 puntos. Total-12,00 puntos. A fase de concurso non ten carácter eliminatorio. Rematada a fase de concurso, o tribunal publicará os resultados que non se terá en conta

para supera-las probas da fase de oposición.

B) Fase de oposición:

1º Exercicio: cultura xeral. Será escrito e consistirá en comproba-los coñecementos de cultura xeral e durará unha (1) hora. Ten carácter eliminatorio e cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para pasar ó seguinte exercicio.

2º Exercicio: Test de 20 preguntas s/ Programa (Anexo II), con respostas alternativas. Durará unha (1) hora. Ten carácter eliminatorio e cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para pasar ó seguinte exercicio.

3º Exercicio: proba práctica de redacción en lingua galega. Consistirá nunha redacción en lingua galega, sen diccionario nin apoio bibliográfico, sobre un tema proposto polo tribunal. A duración será de corenta e cinco (45) minutos. Ten carácter eliminatorio e cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario acadar 2,50 puntos.

4º Exercicio: resolución suposto práctico. Consistirá na resolución por escrito, dun (1) suposto práctico, a elixir entre dous (2) propostos polo tribunal referentes ó programa e ás funcións de alguacil-porteiro. Durará unha (1) hora, terá carácter eliminatorio e cualificarase de 0 a 5 puntos, sendo necesario acadar 2,50 puntos para pasar ó seguinte exercicio. O tribunal outorgará as cualificacións por consenso. De non acadarse este, cada membro do tribunal outorgará a súa cualificación individual; e a cualificación final será a media aritmética das individuais.

9ª Puntuación final. Nomeamento. Toma de posesión: rematada a fase de oposición, o tribunal sumará as puntuacións obtidas en ámbalas dúas fases A) e B) e proporá ó alcalde-presidente o nomeamento do concursante-opositor que acade mellor puntuación, unha vez elaborada a lista de aprobados por orde de puntuación obtida. En caso de empate, a orde de puntuación establecerase atendendo ás mellores puntuacións obtidas no 1ª exercicio e sucesivos da oposición de persisiti-lo empate. De non ser posible desface-lo empate, acudirase á puntuación de concurso e, finalmente, ó chou. O alcalde-presidente efectuará nomeamento do concursante-opositor proposto, que tomará posesión no prazo de quince (15) días naturais seguintes.

10ª. Incidencias: a presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas, así coma da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos no artigo 14 do Real decreto 364/1995 e 102 e s.s. da Lei 30/1992. O tribunal está facultado para solventa-las dúbidas que puideran presentarse e adopta-los criterios, medidas necesarias e resolucións para a boa orde e desenvolvemento do concurso-oposición, nos aspectos non expresamente establecidos nas presentes bases.

ANEXO I

Modelo de instancia

Don/Dona..., provisto/a do DNI nº..., con domicilio en..., para os efectos de notificacións, localidade..., provincia..., teléfono..., expoño que informado/a da convocatoria publicada por ese concello no BOE nº..., de data..., desexo participar nas probas selectivas para o acceso a unha praza de alguacil-porteiro,

vacante no cadro de persoal. Que reúno todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de remate do prazo sinalado para a presentación de instancia, nas bases que declaro coñecer. Xunto o xustificante do pagamento dos dereitos de exame e fotocopia do DNI. Solicito ser admitido ó concurso-oposición para a praza indicada..., ... de... do 199...

ANEXO II

Programa

Tema 1. Estructura e contido da Constitución de 1978. A división de poderes en España. Lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa. Tema 2. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos. Tema 3. A organización territorial do Estado, segundo a Constitución. As Comunidades Autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Tema 4. A Administración local: regulación actual e entidades que comprende. Especial referencia ó municipio e a provincia. elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización. Tema 5. Competencias municipais. Órganos de goberno do concello. O Concello de Lousame: Organización interna e distribución de competencias e das súas dependencias. Tema 6. Dereitos, deberes e responsabilidades dos funcionarios públicos. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario. Tema 7. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público. Tema 8. As normas de

relación co cidadán. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e remate do procedemento administrativo. A atención ó público: normas para a atención personalizada. Tema 9. Coñecemento do municipio de Lousame, 1. Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura, festexos, etc. Tema 10. Coñecemento do municipio de Lousame. 2. Principais aspectos urbanísticos, rúas, prazas, medios de comunicación, etc. Localización dos seus principais edificios públicos, monumentos, etc.

Lousame, 14 de abril de 1997. Asdo. O alcalde.

5969